OBRADOIRO AUTOEMPREGO – Concello de Arbo
OBRADOIRO AUTOEMPREGO
O concello de Arbo pon en marcha unha proposta para tentar xerar
Autoemprego no sector dos Servizos Sociais, aproveitando a contratación
dunha Ténica de Relacións Laborais en colaboración coa Deputación de
Pontevedra.
O vindeiro venres 26 de xullo, celebraremos no concello de Arbo un
Obradoiro de Autoemprego dirixido a todas as persoas interesadas, para a
posta en marcha dunha cooperativa de traballos sociais. O acto celebrarase no
Centro de Interpretación do viño e da lamprea “Arabo”, as 10:00 horas da
mañá.
O obradoiro tratará como tema principal o auto-emprego e a posibilidade
de constituír e formar parte de unha Cooperativa de Traballo Asociado, dirixida
a actividade dos servizos sociais.
Trataranse os conceptos básicos en relación a: qué é unha cooperativa
de traballo asociado, aos trámites necesarios para a súa posta en marcha, ao
seu funcionamento, regulamento e demais cuestións.