ABRE AS SÚAS PORTAS ENXEBRE A PINTA DO PARADOR DE BAIONA CUNHA OFERTA GASTRONÓMICA QUE APOSTA POLOS PRODUCTOS DE GALICIA

  • Ofrece tapas e racións como alternativa ó comedor tradicional
  • O Pasaporte é a aposta coa que animar aos clientes a peregrinar aos sete paradores que conta con este novo espazo

Esta mañá presentouse un novo espazo gastronómico para disfrutar de Galicia: Enxebre a Pinta do parador de Baiona. Ao acto asistiu o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; xunto a presidenta de Paradores, Ángeles Alarcos; María Nava Castro, directora de Turismo de Galicia; e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez.

Enxebre A Pinta aparece como un espazo único para a recuperación de todo o sector hostaleiro, cunha oferta gastronómica adaptada aos novos tempos, tapas e racións que combinan o moderno co concepto “enxebre” que pon en valor as características propias da cociña galega, unha cociña mundialmente recoñecida ao igual que os seus viños dos que a comunidade pode  presumir de cinco denominacións de orixe. Ademais o “enxebre” deste parador “é sinónimo de autenticidade, do xenuíno, e do propio da cociña galega” como así manifestou María Nava Castro, directora de Turismo de Galicia.

Pola súa banda, a presidenta de Paradores, Ángeles Alarcos, destacou a necesidade de atraer non só ao turista viaxeiro, senón tamén ao cidadán autóctono de Baiona facéndoo partícipe deste lugar que non é máis que seu. Sinalou ademais a posta en marcha de diferentes iniciativas para logralo como poden ser os prezos atractivos ou o “Pasaporte enxebre”. Este se poderá conseguir nos Paradores galegos ou descargándoo na súa páxina Web, e cada vez que se empregue se selarán as visitas en cada un dos espazos e ao conseguir o sétimo selo, o cliente poderá disfrutar dun menú gratuíto en calquera dos espazos Enxebre.

“Enxebre A Pinta se adapta á realidade da sociedade”, como así mantivo o Presidente da Deputación, quen destacou que o “o camiño debe implicar a visitantes, ós que viven en Baiona, as administracións e todos aqueles que poden axudar a converter este lugar nun espazo que traspase fronteiras grazas ao nivel de excelencia do que goza”. Ademais destacou que o Parador de Baiona é un emblema e un privilexio incomparable como columna vertebral do sector, polo que está máis que xustificado que agrupe as calidades da terra: tradición, terra, costumes, paisaxes e gastronomía.

Enxebres en Galicia

A finais de maio tiveron lugar as presentacións do resto de Enxebres repartidos polos diferentes Paradores de Galicia: Enxebre Casa Barón en Pontevedra, Monterrei en Verín, Castelo dos Andrades en Vilalba, De Lemos en Monforte; e San Telmo en Tui. Agora A Pinta ábrese como un espazo non só para o deleite dos comensais, a través de gastronomía ou o aloxamento, senón tamén como un elemento dinamizador da zona, tanto para a hostalería como para o comercio e as actividades lúdicas que se realizan nesta vila.  A beleza dos enclaves que rodean Baiona e o parador coa Praia de Rodas das Illas Cíes como telón de fondo, funcionan como un engadido á hora de potenciar os recursos turísticos da comunidade.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: