Actividades Novacaixagalicia

O Centro Cultural da Fundación Novacagn_vigo@hotmail.comaixagalicia de Vigo acollerá a estrea estatal de “Yo, Quevedo”

O vindeiro xoves 25 de xullo ás 21:00 h, o teatro do Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia acollerá a estrea estatal do novo espectáculo desenvolvido por un dos artistas españois de máis longa traxectoria teatral, Moncho Borrajo. A súa nova proposta humorística leva por título Yo, Quevedo, e é definida pola propia compañía como «unha tolemia de versos de antes e de agora». Os días 26 e 27 haberá cadanseu pase ás 21:00 h, mentres que o domingo 28 a función terá lugar ás 20:00 h. As entradas están á venda a través de Servinova en www.servinova.com, o servizo de teleticketing da Fundación Novacaixagalicia, ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.

España revivirá con Doctor Queen o espectáculo do rock británico

O legado de Freddie Mercury, o seu espectáculo, continúa vivo aínda nos escenarios de todo o mundo grazas a unha banda arxentina herdeira da maxia das composicións e a posta en escena de Queen. As oportunidades para gozar deste especial evento desenvolveranse en diferentes cidades e vilas de toda España ao longo dos meses de setembro, outubro e novembro. Así, a primeira función terá lugar no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia en Vigo o día 13 de setembro.

As entradas para os concertos, así como as datas e as localidades, están xa dispoñibles a través de Servinova.com, na billeteira telefónica no 902 504 500, e, para todas aquelas actuacións que teñan lugar en Galicia, tamén na billeteira do Centro Sociocultural da Coruña.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: