FEIJÓO SALIENTA QUE A XUNTA SEGUIRÁ A TRABALLAR POLO NAVAL NA VÍA XUDICIAL, SOLICITANDO O RECURSO E A SUSPENSIÓN CAUTELAR, “TRATANDO DE MINIMIZAR O IMPACTO E BUSCANDO NOVAS FÓRMULAS PARA FINANCIAR BARCOS NA COMUNIDADE”

 “Seguimos pensando que os argumentos xurídicos esgrimidos son argumentos xurídicos sólidos e, en consecuencia, argumentos xurídicos que poden ser atendidos polo Tribunal da Unión Europea. Polo tanto, non imos mudar de argumentos e estou convencido de que o Goberno de España tampouco mudará de argumentos”, sinala

Salienta que se ten solicitado a suspensión da decisión e que a Axencia Tributaria estude, de forma inmediata,  o menor impacto posible da medida

Avoga por seguir traballando polos estaleiros de Galicia e de España, propoñendo ao Goberno central que manteña o grupo de traballo do naval

“Temos que buscar e articular fórmulas para garantir o financiamento dos contratos que se poidan subscribir agora no sector naval español e no sector naval galego”, di

“Non imos, en ningún caso, pensar que o sector naval non ten futuro. O sector naval pode ter futuro”, “estamos acostumados a traballar en contextos difíciles” e “a Xunta vai seguir traballando” nesta dirección

Reitera que lamenta “profundamente que finalmente o vicepresidente da Comisión non atendera á totalidade dos argumentos xurídicos sólidos esgrimidos de forma conxunta por todas as Administracións públicas, os estaleiros e as organizacións sindicais“

Alude á decisión cambiante e á fraxilidade xurídica da resolución adoptada, lembrando que “mudou ata tres veces” nos últimos quince días

Congratúlase da posición compartida e da “unidade histórica” que se ten producido na defensa do naval no noso país

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: