MEDIO RURAL E MAR AMPLÍA O PERÍODO PARA A SOLICITUDE DE AXUDAS AOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA AO 31 DE MARZO DE 2014

Santiago, 19 de xullo de 2013.-  A Consellería do Medio Rural e do Mar amplía o período para a solicitude de axudas a proxectos dos Grupos de Acción Costeira ao 31 de marzo de 2014. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde que modifica as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos dos Grupos de Acción Costeira –GAC-. A modificación principal é a data límite de presentación de solicitudes, que anteriormente estaba establecida no 31 de marzo de 2013. Esta ampliación permite achegar as axudas a un maior número de beneficiarios e así contribuír a mellorar o desenvolvemento das zonas de pesca.

A través destas axudas búscase, entre outros aspectos, financiar proxectos de desenvolvemento que teñan como obxectivo consolidar a competitividade das zonas de pesca e reestruturar e reorientar as actividades económicas, en particular a través da promoción do turismo ecolóxico. Tamén diversificar actividades a través da promoción do labor dos pescadores, mediante a creación de empregos adicionais fóra do sector pesqueiro; ofrecer valor engadido aos produtos da pesca, protexer o ambiente nas zonas de pesca, restablecer a producción do sector pesqueiro afectado por catástrofes naturais ou industriais e promover a cooperación interrexional e transnacional entre grupos nas zonas de pesca, principalmente a través do establecemento de redes e a difusión de boas prácticas

Os interesados en acceder ás axudas poderán consultar a documentación e requisitos necesarios para a solicitude na orde que establece as bases reguladoras destas axudas, publicada no DOG do 22 de marzo de 2011.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: