Curso de verán (matrícula aberta)
Últimas datas para inscribirse á 24ª edición do curso «Tamara Brooks» de dirección coral, canto e técnica vocal que se vai celebrar do 12 ao 17 de Agosto en Tui (Pontevedra) coa presenza dos profesores Kevin Smith, Rasa Jakutyte-Biveiniene, Irene Gómez-Calado e Julio Domínguez.
http://www.camerata.es/portal/gl/content/workshops/tui-2013
O curso, destinado a directores ou futuros directores, cantores, estudantes de canto, profesores e estudantes de música e en xeral todas aquelas persoas interesadas en iniciarse ou afondar no campo do canto coral, desenvólvese durante unha semana con clases teóricas e prácticas preparando conxuntamente un programa de música baseado na música romántica e posromántica de principios do século XX, incluíndo o coñecido RÉQUIEM Op.48 de Gabriel Fauré.
Acéptanse inscricións activas ou oíntes para o Curso de Dirección, clases individuais e colectivas de Canto e Técnica Vocal e cantores interesados en participar como Coro Piloto (actividade gratuíta).
Grazas ás persoas e entidades (en especial a asociación Amigos da Catedral de Tui) que seguen a colaborar con este curso nun momento tan complicado, durante estas datas os asistentes participarán das actividades no marco incomparable do Seminario Menor e Igrexa de San Domingos da cidade histórica de Tui, nunha comarca rural chea de encanto, en plena ruta xacobea (Camiño Portugués).
http://www.camerata.es/portal/gl/content/workshops/tui-2013
Concerto de clausura: Sábado 17/08 ás 20:30 horas.
TRABALLO INVISTE 9 MILLÓNS DE EUROS EN 183 CURSOS DE FORMACIÓN QUE BENEFICIARÁN A MÁIS DE 2.700 DESEMPREGADOS NA ÁREA DE VIGO
- A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, presentaron hoxe as accións formativas que se desenvolverán nos próximos meses
- Para a cidade de Vigo destinaranse máis de 7,1 millóns de euros que permitirán a formación de máis de 2.200 alumnos e alumnas
- Díaz López destacou que para toda Galicia, a Consellería de Traballo e Benestar achegará 40,5 millóns de euros para a impartición de 900 cursos nos que poderán participar máis de 14.000 persoas sen un posto laboral
- A directora xeral resaltou que practicamente o 100 por cento das accións formativas están vinculadas á obtención dun certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado .
Miguel Flores Trío mañá martes 23 en Compostela | Flamenco de calidade
Mañá martes día 23 de xullo Miguel Flores Trío continúa a súa andadura musical en Compostela. O impulso do flamenco en Galicia chega da man dos músicos Miguel Flores, Pablo Pérez e Carlos Freire ás 22:30 horas na Borriquita de Belém, con entradas a catro euros.
Nesta ocasión o guitarrista gaditano Miguel Flores ofrécenos unha selección das súas mellores composicións, nas que plasma a súa visión persoal da guitarra flamenca contemporánea. A cita terá lugar na Borriquita de Belém ás 22:30, con entradas a 4 euros, e súmase á serie de concertos que o Trío está a ofrecer desde a súa recente creación entre os que destacan os celebrados en Noia e Vigo.
Para este proxecto, Miguel Flores conta coa colaboración de Pablo Pérez ao contrabaixo e Carlos Freire á percusión, que contribúen coa súa experiencia e versatilidade á creación “dun son tan ecléctico como profundo”, tal e como afirma o guitarrista gaditano afincado en Galicia. Neste sentido, poderemos gozar dun coidado repertorio a cargo dos tres músicos que nos amosará o bo facer e a actualidade da música flamenca no país.
Miguel Flores Trío
Miguel Flores Trío leva dous anos dando forma a un repertorio orixinal que inclúe soleares, tarantas, tanguillos e bulerías, ao que se suman temas de Carles Benavent ou Renaud García-Fons ademais das súas propias composicións, tal e como explica o líder do grupo, Miguel Flores.
O proxecto que está dando a coñecer o Trío leva por título ‘Belyounech’, o nome dunha idílica aldea marroquí, apunta o guitarrista do grupo. Segundo el, os temas de ‘Belyounech’ “transpórtanos ás paisaxes do norte de África”, onde o líder da banda residiu durante a súa infancia e descubriu a súa paixón pola música.
Nova Esquerda Galega solicita a dimisión inmediata e incondicional de Mariano Rajoy Brey e Alberto Nuñez Feijoo.
A descomposición do actual sistema político español é unha realidade. Esa corrupción sistémica esténdese por todos os recantos da península ibérica. O descubrimento de numerosos acordos ilícitos e inmorais entre centenas de corruptores e corruptos, a filtración dos papeis coa suposta contabilidade B do Partido Popular que xestionaba o seu tesoureiro, Luís Bárcenas, e os presuntos pagamentos de diñeiro negro realizados á cúpula do partido destaparon a caixa dos tronos no plano político e tamén no social.
Uns cidadáns fustrigados por unha terríbel crise económica e por unhas políticas baseadas nos recortes e a austeridade pregúntanse para que soportar tanto sacrificio mentres outros malgastan recursos e cartos públicos. A corrupción e a degradación da clase política supón xa a principal preocupación do conxunto da cidadanía, xunto co xigantesco desemprego.
O resto dos partidos tampouco se salvan da corrupción endémica. O PSOE tamén tivo o seu caso de financiamento ilegal con Filesa, Times-Export e Malesa que conformaron unha trama empresarial cuxo obxectivo era financiar á marxe da lei a campaña electoral de 1989 do Partido Socialista. O escándalo destapouse cando se descubriu que os contratos públicos inchábanse para percibir comisións. Durante o proceso xudicial quedou demostrado que o PSOE recibiu máis de 7 millóns de euros (ou quizais máis) a través desta trama ilegal. Das 50 persoas imputadas, o xuíz só chegou a condenar a prisión a oito delas (tres eran cargos ou ex cargos do PSOE).
A dereita nacionalista tamén ten o seu financiamento ilegal. En 1997 o partido político catalán Unio Democrática foi acusado de recibir presuntamente financiamento irregular mediante unhas subvencións recibidas por empresas do catalán Fidel Pallerols. A principios de 2013, coñeceuse a existencia dun acordo xudicial pactado no que UDC comprométese a devolver os 385.000 euros desviados de subvencións públicas para a formación de parados, evitando así a celebración do xuízo e librando aos condenados de entrar en prisión.
Nova Esquerda Galega quere sinalar a súa aversión e repudio ás políticas de financiamento ilegal dos partidos políticos que se alternan no goberno, tanto no plano Estatal, como no autonómico ou o municipal. Este financiamento ilexítimo e inmoral produce a alteración dos resultados electorais e viola a igualdade e ecuanimidade ante a lei das distintas forzas políticas e iso termina provocando unha distorsión da vontade popular.
A maioría dos recursos conseguidos, proveñen de empresas e corporacións financeiras que se benefician coas adxudicacións de obras ou contratas, e devanditos recursos son empregados en financiar os aparellos e as campañas de devanditos partidos. Asemade a banca condona as débedas destes partidos co fin de que apliquen as súas políticas neoliberais.
O financiamento ilegal e a lei electoral son os dous elementos fundamentais deste vórtice que está conducindo á putrefacción sistémica no Estado español.
Por iso Nova Esquerda Galega solicita a dimisión inmediata do Presidente do goberno español, Mariano Rajoy Brey e do presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo por ser ambos os dous responsábeis desta situación. Solicitamos a dimisión do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, pola polémica xurdida ao redor do Caso Bárcenas, e tamén solicitamos a convocatoria de eleccións anticipadas.
Nova Esquerda Galega opina que Rajoy que é o gran encubridor dun presunto delincuente, como é Luís Bárcenas. O caso Barcenas non deixa outra saída que adoptar decisións enérxicas que pasan pola dimisión inmediata do presidente do Goberno español e do presidente da Xunta de Galicia e a convocatoria de eleccións anticipadas. Mariano Rajoy, Nuñez Feijoo e o PP non están lexitimados para gobernar España e a Xunta tras coñecerse os datos relativos a este suposto financiamento ilegal do PPdeG.
Gran Torneo de Dardos Electrónicos
Este sábado 27 a partir de las 4 de la tarde Gran Torneo de DARDOS ELECTRÓNICOS. Con Máquinas Abiertas, 2 categorías y estupendos premios. Premio especial para la mejor clasificada. En Cocktail Bar Paraiso Perdido Vigo , C/ Bolivia 10, al lado de Plaza Elíptica y Parada de taxis.
PortAmérica se consolida en su segunda edición como uno de los eventos de referencia en España
PortAmérica, el encuentro de música e ideas presentado por Espíritu Rías Baixas, se consolida en su segunda edición como uno de los eventos de referencia en España
PortAmérica, el encuentro de música e ideas que celebró su año cero en 2012, se confirma en este 2013 como uno de los eventos más destacados del año.
Unas 19.000 personas han asistido a la programación musical y gastronómica del festival, desarrollada en Porto do Molle, lo que en términos de asistencia supone un incremento de un 11% respecto al año pasado.
El Escenario Estrella Galicia ha acogido durante tres días actuaciones de artistas como Editors, Vetusta Morla, Café Tacvba, Lori Meyers, Bomba Estéreo o Supersubmarina, entre muchos otros.
En la carpa Co-Cooking de Hijos de Rivera contamos con la presencia de nada menos que 6 cocineros con Estrella Michelin: Pepe Solla, Beatriz Sotelo, Javier Olleros, Alberto González, Xosé Cannas y Yayo Daporta , todos pertenecientes al Grupo Nove Cocina. Los 6 chefs, acompañados de alumnos de escuelas de hostelería de Galicia, sorprendieron a los asistentes con sus creaciones gastronómicas y demostraron con su ShowRocking, un año más, que la alta cocina marida a la perfección con un evento musical.
Evento Plaza de La Estrella – Vigo
fiesta blanca: «White Party» que se celebrará este Miércoles 24 de Julio en plaza de la Estrella, en el Complejo Hostelero ISLAND CLUB.
PP de Vigo
El Grupo Popular exige una actuación urgente en las calles de Teis: ya no solo se producen constantes roturas de tuberías sino también hundimientos en la calzada
- La concejala del PP, Teresa Egerique, evidencia que “el Grupo Popular ha denunciado hasta la saciedad la caótica situación de la zona, sin que el gobierno municipal haya movido un dedo”.
- “Los vecinos no se merecen el desprecio con el que los trata el gobierno municipal: pese a la gravedad de lo que ocurre en Teis, el concejal de Fomento ni siquiera recibe a los representantes de los residentes”, recalca la edil del PP.
- “Es lamentable que en el plan de inversiones de Aqualia no se haya incluido ni una sola reparación o sustitución de redes en la zona, cuando es una de las más deterioradas de la ciudad”, critica Egerique.
Figueroa: “Le solicitamos a la Xunta y al presidente Feijóo que acelere las obras del hospital para que esté terminado cuanto antes: es una infraestructura prioritaria para Vigo”
- “Ya va siendo hora de que el alcalde se sume a este proyecto en beneficio de la ciudad”, afirmó el portavoz del Grupo Popular nada más tener conocimiento de una moción socialista para que se rescate la concesión del centro hospitalario.
- “Es muy grave que el alcalde de la ciudad genere alarmas infundadas sobre la obra, ahora que ha entrado ya en el momento decisivo para relanzarse, porque los trabajos no han parado en todo este tiempo, pese a lo que él diga”, denunció José Manuel Figueroa.
- “El Partido Popular no le va a permitir a nadie que ponga trabas a este proyecto, el más importante y necesario de las últimas décadas: hay una necesidad real por parte de los ciudadanos para contar con el hospital cuanto antes”.
- “Caballero cometió un grave error cuando se puso detrás de una pancarta con todos los del ‘no’. Ahora lo que se debe hacer es demandar que los trabajos avancen al mayor ritmo posible y acabar con el boicot permanente”, recalca el portavoz del PP.
XUVENTUDE OFERTA 15 PRAZAS CON ALOXAMENTO E MANTENZA GRATUÍTOS NAS SÚAS TRES RESIDENCIAS XUVENÍS
O prazo de solicitude está aberto, e poderán inscribirse mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que estean cursando estudos universitarios ou superiores
As prazas estarán dispoñibles no Centro residencial xuvenil LUG en Lugo; na residencia Florentino López Cuevillas de Ourense; e na residencia Altamar de Vigo
Os bolseiros seleccionados deberán desenvolver actividades de información xuvenil, biblioteca, informática ou deporte, entre outras Leer más…
Martes 23: Acto de entrega colectiva: «Esixindo dereitos, non caridade»
A xente da ODS-Coia e da parroquia do Cristo da Victoria convocamos un acto de entrega colectiva para o vindeiro martes 23 de xullo dende as 11h00 no concello de Vigo.
Porque precisamos dereitos e non caridade entregaremos un escrito no Concello, para esixirlle ao Alcalde e á Concelleira de Benestar Social máis dereitos sociais e menos propaganda, nun municipio no que as axudas para situacións de emerxencia social son insuficientes e pouco garantistas.
Achegamos o manifesto que leremos no acto:
Estamos cansas e fartas da súa propaganda e das súas promesas. Os poderes queren facernos crer que o paro, o empobrecemento, a perda de dereitos…, que cada día sufrimos máis persoas, non son a súa responsabilidade nin teñen nada que ver co feito de que a riqueza de todas estea cada día máis concentrada nos petos duns poucos.
Dende o mes de abril vimos botándonos ás rúas para berrar que “Vivir dignamente é un dereito” e para esixir unha Renda Básica que nos permita vivir cuns mínimos. Porque estamos nunha situación de emerxencia social e para saír dela teremos que ir construíndo modelos que superen e acaben con este asasino sistema capitalista.
Por todo isto volvemos hoxe ás dependencias municipais para presentar colectiva e publicamente un escrito de denuncia acerca das Axudas de Emerxencia Social do Concello de Vigo, xestionadas pola concellería de Benestar a cargo de Isaura Abelairas, e que para nós son insuficientes, opacas na súa tramitación e deficitarias no procedemento.
Todo isto, xa llo espuxemos á concelleira e ao xefe de servizo nunha reunión celebrada o 5/06/2013. Nun encontro no que esixíamos a ampliación das partidas orzamentarias destinadas a estas axudas e que se respectase o procedemento administrativo legal establecido polo propio concello, coas garantías que iso conleva, sen que iso afectase aos prazos de concesión, especialmente no referido á posibilidade de presentar por escrito as solicitudes, a ter constancia por escrito da presentación de documentación e á notificación da resolución motivada.
Tras esa reunión, e ante a falla de respostas, comezamos a acudir ás entrevistas coas traballadoras sociais co modelo de solicitude de rexistro do concello cuberto, co fin de solicitar as axudas económicas para situacións de emerxencia. A resposta maioritaría foi que nas UTS non podían selar nin recoller estas solicitudes remitindo ás persoas ao rexistro do concello, malia que no documento aprobado en Xunta de Goberno di que: “As/os traballadoras/es sociais das UTS recibirán as solicitudes e valorarán a procedencia das mesmas».
No medio da intemperie na que nos deixan temos que asistir a unha nova campaña de propaganda construída sobre o asistencialismo e a caridade, tras anunciar o concello aos catro ventos a aprobación das axudas do Plan Municipal de Axuda a Familias, incluído nos orzamentos por presións do seu antigo socio de goberno e da cidadanía, cunha partida de 3,2 millóns de euros. Transcorridos sete meses presentan finalmente un plan moi restritivo (exclúe as unidades de convivencia cunha renda per cápita superior aos 150€/mes) e do cal morderon 200.000 €, que se destinan a pagar a publicidade a toda cor nos medios amigos. En poucas palabras: publicidade a costa das nosas miserias e cos nosos cartos.
Temos claro que por riba da súa cobiza, dos intereses partidistas e mercantilistas, está a nosa dignidade e estamos dispostas a dar resposta ás nosas necesidade de VIDA dende abaixo e colectivamente.
Por todo isto berramos hoxe e sempre: Non pedimos axudas, esiximos dereitos! Renda Básica, XA!