Curso de verán (matrícula aberta)
Últimas datas para inscribirse á 24ª edición do curso «Tamara Brooks» de dirección coral, canto e técnica vocal que se vai celebrar do 12 ao 17 de Agosto en Tui (Pontevedra) coa presenza dos profesores Kevin Smith, Rasa Jakutyte-Biveiniene, Irene Gómez-Calado e Julio Domínguez.
http://www.camerata.es/portal/gl/content/workshops/tui-2013
O curso, destinado a directores ou futuros directores, cantores, estudantes de canto, profesores e estudantes de música e en xeral todas aquelas persoas interesadas en iniciarse ou afondar no campo do canto coral, desenvólvese durante unha semana con clases teóricas e prácticas preparando conxuntamente un programa de música baseado na música romántica e posromántica de principios do século XX, incluíndo o coñecido RÉQUIEM Op.48 de Gabriel Fauré.
Acéptanse inscricións activas ou oíntes para o Curso de Dirección, clases individuais e colectivas de Canto e Técnica Vocal e cantores interesados en participar como Coro Piloto (actividade gratuíta).
Grazas ás persoas e entidades (en especial a asociación Amigos da Catedral de Tui) que seguen a colaborar con este curso nun momento tan complicado, durante estas datas os asistentes participarán das actividades no marco incomparable do Seminario Menor e Igrexa de San Domingos da cidade histórica de Tui, nunha comarca rural chea de encanto, en plena ruta xacobea (Camiño Portugués).
http://www.camerata.es/portal/gl/content/workshops/tui-2013
Concerto de clausura: Sábado 17/08 ás 20:30 horas.