Martes 23: Acto de entrega colectiva: “Esixindo dereitos, non caridade”

descarga A xente da ODS-Coia e da parroquia do Cristo da Victoria convocamos un acto de entrega colectiva para o vindeiro martes 23 de xullo dende as 11h00 no concello de Vigo.

Porque precisamos dereitos e non caridade entregaremos un escrito no Concello, para esixirlle ao Alcalde e á Concelleira de Benestar Social máis dereitos sociais e menos propaganda, nun municipio no que as axudas para situacións de emerxencia social son insuficientes e pouco garantistas.

Achegamos o manifesto que leremos no acto:

Estamos cansas e fartas da súa propaganda e das súas promesas. Os poderes queren facernos crer que o paro, o empobrecemento, a perda de dereitos…, que cada día sufrimos máis persoas, non son a súa responsabilidade nin teñen nada que ver co feito de que a riqueza de todas estea cada día máis concentrada nos petos duns poucos.

Dende o mes de abril vimos botándonos ás rúas para berrar que “Vivir dignamente é un dereito” e para esixir unha Renda Básica que nos permita vivir cuns mínimos. Porque estamos nunha situación de emerxencia social e para saír dela teremos que ir construíndo modelos que superen e acaben con este asasino sistema capitalista.

Por todo isto volvemos hoxe ás dependencias municipais para presentar colectiva e publicamente un escrito de denuncia acerca das Axudas de Emerxencia Social do Concello de Vigo, xestionadas pola concellería de Benestar a cargo de Isaura Abelairas, e que para nós son insuficientes, opacas na súa tramitación e deficitarias no procedemento.

Todo isto, xa llo espuxemos á concelleira e ao xefe de servizo nunha reunión celebrada o 5/06/2013. Nun encontro no que esixíamos a ampliación das partidas orzamentarias destinadas a estas axudas e que se respectase o procedemento administrativo legal establecido polo propio concello, coas garantías que iso conleva, sen que iso afectase aos prazos de concesión, especialmente no referido á posibilidade de presentar por escrito as solicitudes, a ter constancia por escrito da presentación de documentación e á notificación da resolución motivada.

Tras esa reunión, e ante a falla de respostas, comezamos a acudir ás entrevistas coas traballadoras sociais co modelo de solicitude de rexistro do concello cuberto, co fin de solicitar as axudas económicas para situacións de emerxencia. A resposta maioritaría foi que nas UTS non podían selar nin recoller estas solicitudes remitindo ás persoas ao rexistro do concello, malia que no documento aprobado en Xunta de Goberno di que: “As/os traballadoras/es sociais das UTS recibirán as solicitudes e valorarán a procedencia das mesmas”.

No medio da intemperie na que nos deixan temos que asistir a unha nova campaña de propaganda construída sobre o asistencialismo e a caridade, tras anunciar o concello aos catro ventos a aprobación das axudas do Plan Municipal de Axuda a Familias, incluído nos orzamentos por presións do seu antigo socio de goberno e da cidadanía, cunha partida de 3,2 millóns de euros. Transcorridos sete meses presentan finalmente un plan moi restritivo (exclúe as unidades de convivencia cunha renda per cápita superior aos 150€/mes) e do cal morderon 200.000 €, que se destinan a pagar a publicidade a toda cor nos medios amigos. En poucas palabras: publicidade a costa das nosas miserias e cos nosos cartos.

Temos claro que por riba da súa cobiza, dos intereses partidistas e mercantilistas, está a nosa dignidade e estamos dispostas a dar resposta ás nosas necesidade de VIDA dende abaixo e colectivamente.

Por todo isto berramos hoxe e sempre: Non pedimos axudas, esiximos dereitos! Renda Básica, XA!

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: