Miguel Flores Trío mañá martes 23 en Compostela | Flamenco de calidade

descarga (4)

Mañá martes día 23 de xullo Miguel Flores Trío continúa a súa andadura musical en Compostela. O impulso do flamenco en Galicia chega da man dos músicos Miguel Flores, Pablo Pérez e Carlos Freire ás 22:30 horas na Borriquita de Belém, con entradas a catro euros.

 

Nesta ocasión o guitarrista gaditano Miguel Flores ofrécenos unha selección das súas mellores composicións, nas que plasma a súa visión persoal da guitarra flamenca contemporánea. A cita terá lugar na Borriquita de Belém ás 22:30, con entradas a 4 euros, e súmase á serie de concertos que o Trío está a ofrecer desde a súa recente creación entre os que destacan os celebrados en Noia e Vigo.
Para este proxecto, Miguel Flores conta coa colaboración de Pablo Pérez ao contrabaixo e Carlos Freire á percusión, que contribúen coa súa experiencia e versatilidade á creación “dun son tan ecléctico como profundo”, tal e como afirma o guitarrista gaditano afincado en Galicia. Neste sentido, poderemos gozar dun coidado repertorio a cargo dos tres músicos que nos amosará o bo facer e a actualidade da música flamenca no país.

 

Miguel Flores Trío

Miguel Flores Trío leva dous anos dando forma a un repertorio orixinal que inclúe soleares, tarantas, tanguillos e bulerías, ao que se suman temas de Carles Benavent ou Renaud García-Fons ademais das súas propias composicións, tal e como explica o líder do grupo, Miguel Flores.

O proxecto que está dando a coñecer o Trío leva por título ‘Belyounech’, o nome dunha idílica aldea marroquí, apunta o guitarrista do grupo. Segundo el, os temas de ‘Belyounech’ “transpórtanos ás paisaxes do norte de África”, onde o líder da banda residiu durante a súa infancia e descubriu a súa paixón pola música.
 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: