Nova Esquerda Galega solicita a dimisión inmediata e incondicional de Mariano Rajoy Brey e Alberto Nuñez Feijoo.

A descomposición do actual sistema político español é unha realidade. Esa corrupción sistémica esténdese por todos os recantos da península ibérica. O descubrimento de numerosos acordos ilícitos e inmorais entre centenas de corruptores e corruptos, a filtración dos papeis coa suposta contabilidade B do Partido Popular que xestionaba o seu tesoureiro, Luís Bárcenas, e os presuntos pagamentos de diñeiro negro realizados á cúpula do partido destaparon a caixa dos tronos no plano político e tamén no social.

Uns cidadáns fustrigados por unha terríbel crise económica e por unhas políticas baseadas nos recortes e a austeridade pregúntanse para que soportar tanto sacrificio mentres outros malgastan recursos e cartos públicos. A corrupción e a degradación da clase política supón xa a principal preocupación do conxunto da cidadanía, xunto co xigantesco desemprego.

O resto dos partidos tampouco se salvan da corrupción endémica. O PSOE tamén tivo o seu caso de financiamento ilegal con Filesa, Times-Export e Malesa que conformaron unha trama empresarial cuxo obxectivo era financiar á marxe da lei a campaña electoral de 1989 do Partido Socialista. O escándalo destapouse cando se descubriu que os contratos públicos inchábanse para percibir comisións. Durante o proceso xudicial quedou demostrado que o PSOE recibiu máis de 7 millóns de euros (ou quizais máis) a través desta trama ilegal. Das 50 persoas imputadas, o xuíz só chegou a condenar a prisión a oito delas (tres eran cargos ou ex cargos do PSOE).

 

A dereita nacionalista tamén ten o seu financiamento ilegal. En 1997 o partido político catalán Unio Democrática foi acusado de recibir presuntamente financiamento irregular mediante unhas subvencións recibidas por empresas do catalán Fidel Pallerols. A principios de 2013, coñeceuse a existencia dun acordo xudicial pactado no que UDC comprométese a devolver os 385.000 euros desviados de subvencións públicas para a formación de parados, evitando así a celebración do xuízo e librando aos condenados de entrar en prisión.

 

Nova Esquerda Galega quere sinalar a súa aversión e repudio ás políticas de financiamento ilegal dos partidos políticos que se alternan no goberno, tanto no plano Estatal, como no autonómico ou o municipal. Este financiamento ilexítimo e inmoral produce a alteración dos resultados electorais e viola a igualdade e ecuanimidade ante a lei das distintas forzas políticas e iso termina provocando unha distorsión da vontade popular.

 

A maioría dos recursos conseguidos, proveñen de empresas e corporacións financeiras que se benefician coas adxudicacións de obras ou contratas, e devanditos recursos son empregados en financiar os aparellos e as campañas de devanditos partidos. Asemade a banca condona as débedas destes partidos co fin de que apliquen as súas políticas neoliberais.

 

O financiamento ilegal e a lei electoral son os dous elementos fundamentais deste vórtice que está conducindo á putrefacción sistémica no Estado español.

Por iso Nova Esquerda Galega solicita a dimisión inmediata do Presidente do goberno español, Mariano Rajoy Brey e do presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo por ser ambos os dous responsábeis desta situación. Solicitamos a dimisión do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, pola polémica xurdida ao redor do Caso Bárcenas, e tamén solicitamos a convocatoria de eleccións anticipadas.

Nova Esquerda Galega opina que Rajoy que é o gran encubridor dun presunto delincuente, como é Luís Bárcenas. O caso Barcenas non deixa outra saída que adoptar decisións enérxicas que pasan pola dimisión inmediata do presidente do Goberno español e do presidente da Xunta de Galicia e a convocatoria de eleccións anticipadas. Mariano Rajoy, Nuñez Feijoo e o PP non están lexitimados para gobernar España e a Xunta tras coñecerse os datos relativos a este suposto financiamento ilegal do PPdeG.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: