TRABALLO INVISTE 9 MILLÓNS DE EUROS EN 183 CURSOS DE FORMACIÓN QUE BENEFICIARÁN A MÁIS DE 2.700 DESEMPREGADOS NA ÁREA DE VIGO
- A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, presentaron hoxe as accións formativas que se desenvolverán nos próximos meses
- Para a cidade de Vigo destinaranse máis de 7,1 millóns de euros que permitirán a formación de máis de 2.200 alumnos e alumnas
- Díaz López destacou que para toda Galicia, a Consellería de Traballo e Benestar achegará 40,5 millóns de euros para a impartición de 900 cursos nos que poderán participar máis de 14.000 persoas sen un posto laboral
- A directora xeral resaltou que practicamente o 100 por cento das accións formativas están vinculadas á obtención dun certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado .