XUVENTUDE OFERTA 15 PRAZAS CON ALOXAMENTO E MANTENZA GRATUÍTOS NAS SÚAS TRES RESIDENCIAS XUVENÍS

 O prazo de solicitude está aberto, e poderán inscribirse mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que estean cursando estudos universitarios ou superiores
 As prazas estarán dispoñibles no Centro residencial xuvenil LUG en Lugo; na residencia Florentino López Cuevillas de Ourense; e na residencia Altamar de Vigo
 Os bolseiros seleccionados deberán desenvolver actividades de información xuvenil, biblioteca, informática ou deporte, entre outras

Santiago, 21 de xullo de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, vén de abrir o prazo de inscrición para solicitar as 15 prazas de bolseiro que ofrece nas tres residencias xuvenís que dependen deste departamento autonómico de cara ao curso académico 2013/2014.

En concreto trátase de 4 prazas no Centro residencial xuvenil LUG en Lugo; 5 na residencia Florentino López Cuevillas de Ourense; e 6 na residencia Altamar de Vigo.

Os beneficiarios destas axudas contarán con aloxamento e mantenza gratuítos a cambio de desenvolver labores de dinamización xuvenil, para o que contarán coa asistencia dun titor ou titora que coordinará e dirixirá as súas funcións. Principalmente, desenvolverán traballos relacionados coa dinamización da residencia, incluídas actividades de información xuvenil, biblioteca, informática e deporte, entre outras.

Xunto coa inscrición, os interesados deberán presentar un proxecto de actividades a realizar na residencia, así como pasar unha entrevista persoal. Á hora de adxudicar a praza, terase en conta a calidade do proxecto presentado; a renda media da unidade familiar; o rendemento académico; a condición de familia numerosa, orfandade, ou discapacidade de calquera membro da unidade familiar; ter residencia familiar en Galicia; ser muller en estado de xestación ou vítima de violencia de xénero; e outras circunstancias sociofamiliares como ter un irmá ou irmás con praza renovada na residencia ou ter a condición de familia monoparental.

Os destinatarios das axudas serán estudantes españois, membros da Unión Europea ou estranxeiros residentes en España con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, que cursen estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclos formativos de grao superior.

As residencias xuvenís son un instrumento ao servizo da mocidade que ofrecen aloxamento, manutención e actividades aos mozos e mozas durante o curso académico, ao tempo que fomentan valores sociais, culturais e deportivos.

Ademais, esta orde de axudas inscríbese no obxectivo do departamento autonómico de fomentar actividades xuvenís e favorecer o acceso ao ensino universitario, e aos estudos superiores.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: