Archivo | julio 24, 2013

GALICIA, ASTURIAS, CANTABRIA E EUSKADI ULTIMAN A TERCEIRA PARTE DA GUÍA DE VIXILANCIA DA SAÚDE NO SECTOR PESQUEIRO

  • O centro do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) de Rande acolle ata mañá unha reunión técnica das catro comunidades autónomas
  • Esta última fase céntrase nas diferentes faenas que se realizan nos buques de altura e gran altura
  • Tamén se realizará unha avaliación de riscos tipos do traballo, que incluirá tamén un dos traballos máis precisos realizados ata o momento sobre factores ergonómicos na pesca Leer Más…

A Fundación Novacaixagalicia presenta o seu informe de economía 2012

A Fundación Novacaixagalicia presentou esta mañá aos medios de comunicación o vixésimo sétimo número de A Economía Galega. Informe 2012, unha obra que se centra na análise sistemática e pormenorizada desta economía a partir da evolución seguida polos seus sectores produtivos. O estudo foi realizado grazas á colaboración prestada por Novagalicia Banco a través de seu convenio coa Fundación Novacaixagalicia. O acto tivo lugar no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia en Santiago de Compostela e estiveron presentes Pedro Otero, xerente da Fundación Novacaixagalicia e Alberto Meixide, director da publicación.

Exposición “Colmeiro, debuxos de mocidade” Fundación Laxeiro

descarga (6) descarga (7) descarga (8)
Colmeiro, debuxos e mocidade. Fundación Laxeiro. 24 de xullo-15 de setembro
Colmeito, dibujos de juventud. Fundación Laxeiro. 24 de julio-15 de septiembre

HERNÁNDEZ DESTACA QUE A HUMANIZACIÓN DA TRAVESÍA DE SABARÍS INCREMENTA A CALIDADE DE VIDA DOS VECIÑOS E POTENCIA O CARÁCTER COMERCIAL E TURÍSTICO DE BAIONA

  • clip_image002 (2)A obra supón unha mellora que se estende ao longo de 500 metros, habilitando 57 prazas de aparcamento, con 7 pasos de peóns e a canalización de servizos de auga, abastecemento, enerxía e telecomunicacións
  • O conselleiro de Medio Ambiente tamén revisou o estado das obras de adecuación do firme e sinalización de dúas glorietas da estrada PO-552  na zona de Sabarís

Baiona (Pontevedra), 23 de xullo de 2013.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, explicou esta mañá, durante unha visita a Baiona, que o seu departamento, grazas a un convenio de colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia dentro do Plan Hurbe, vén de finalizar a humanización da travesía interior de Sabarís, o que supón un incremento dos servizos e a calidade de vida dos veciños desta vila pontevedresa. Hernández incidiu en que ademais se reforza o carácter comercial e turístico da localidade. Para executar esta actuación foi necesario un investimento de máis de 1,2 millóns de euros.

Con esta obra mellórase a rúa principal de Sabarís e supón un incremento importante na calidade dos servizos aos veciños, así como potenciar o carácter comercial desta travesía. As melloras esténdense ao longo de 500 metros na rúa Xulián Valverde, dende a rotonda da ponte romana ata cruce coa rúa José Pereira Troncoso, habilitando 57 prazas de aparcamento, con 7 pasos de peóns e a canalización de servizos de auga, abastecemento, enerxía e telecomunicacións. Por outra banda, créase un espazo máis ordenado, seguro e habitable, cunha sinalización renovada, con distribución de puntos ecolóxicos, mobiliario urbano e áreas axardinadas con árbores.

A nova sección dará servizo ao tráfico rodado, carga descarga e peóns, mellorando os arredores para a vida cotiá e a realización do mercado ambulante semanal e das feiras.

Para a execución desta fase foi necesaria a demolición  dos pavimentos existentes; a escavación do terreo para a instalación das canalizacións; a reposición ou substitución da rede de abastecemento; máis dun quilómetro de canalización de fundición; unha fonte de granito; e 18 bocas de rego, entre outros elementos.

 

 

 

 

 

 

A XUNTA LEMBRA AO CONCELLO DE VILABOA QUE DEBE ACHEGAR A DOCUMENTACIÓN QUE CERTIFIQUE O CUMPRIMENTO DOS REQUISITOS DA LEI DE COSTAS NOS SEUS NÚCLEOS LITORAIS

  • Ata o momento o Concello non remitiu documentación algunha que acredite a posible rebaixa da liña de protección dos 100 aos 20 metros nos seus núcleos costeiros afectados por expedientes de reposición

Santiago, 23 de xullo de 2013.- A Consellería de Medio Ambiente lembra que os concellos como Vilaboa- cuxos núcleos costeiros están delimitados no planeamento, pero cunha afección da liña de servidume que impide usos residenciais- deben acreditar ante o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente que ditos núcleos cumpren os requisitos establecidos na nova Lei de Costas para a súa legalización e solicitar o pertinente informe nese sentido ao propio Ministerio. Nestes casos, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística deixará en suspenso a imposición de multas coercitivas e a execución forzosa dos expedientes de reposición da legalidade abertos en ditos núcleos, mentres o MAGRAMA non se pronuncie ao respecto.

A Xunta indica que ata o momento o Concello de Vilaboa non remitiu documentación algunha que acredite a posible rebaixa da liña de protección dos 100 aos 20 metros nos seus núcleos costeiros afectados por expedientes de reposición, polo que mentres tanto a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) continuará coa adopción das medidas para restaurar a legalidade urbanística vulnerada. Entre as funcións atribuídas á APLU, atópanse a potestade sancionadora, de restitución e reposición da legalidade na zona de servidume do dominio público marítimo terrestre.

En maio de 2013 publícouse no BOE a Lei 2/2013, de 29 de maio, de protección e uso sostible do litoral e de modificación da lei 22/1988, que, entre outros aspectos, posibilita a redución do ancho da servidume de protección de 100 metros a 20 metros en relación cos núcleos de poboación que, sen ter clasificación formal de solo urbano, si tivesen características propias del, algo que ten que ser acreditado polos concellos.

Cómpre destacar que en Galicia a efectos clasificatorios hai que ter en conta unha categoría diferenciada de solo cun singular réxime xurídico que é o solo de núcleo rural, no cal o uso predominante é o residencial. Por outra parte, cabe salientar que dentro da zona de servidume do dominio público marítimo terrestre as edificacións destinadas a residencia están prohibidas.

Neste sentido, a APLU levou a cabo unha modificación do Plan de Inspección para o ano 2013, relativa aos expedientes tramitados dentro da zona de servidume do dominio público marítimo terrestre que afecten a terreos que poidan acollerse ao establecido na Disposición Transitoria 1ª da Lei 2/2013. Nestes casos, a execución forzosa quedará en suspenso sempre e cando o concello acredite o cumprimento dos requisitos sinalados na Lei de Costas.

 

 

LOUZÁN CONGRATÚLASE DE QUE “VIGO E PONTEVEDRA TEÑAN O PESO QUE LLES CORRESPONDE NO ÁMBITO EMPRESARIAL DE GALICIA”

Felicita a Fernández Alvariño, que será o novo presidente da CEG despois de coñecerse que non se presentou ningunha outra candidatura

Valora o “proxecto de unidade empresarial” de Alvariño, “lonxe de localismos e sobre dúas bases fundamentais: o traballo en equipo e a corresponsabilidade”

  • ·        Augura un gran futuro para a patronal galega, avalado por un “traballo serio e rigoroso” como o realizado ata hoxe na CEP
  • ·        Recoñece e agradécelle a Antonio Fontenla o labor realizado ata o de agora á fronte da patronal galega

DEPORTISTAS DE ELITE SE ENTRENAN EN EL BALNEARIO DE MONDARIZ

descarga (5)

visita al Balneario de Mondariz de eportistas de élite como “Pirri”, Corbalán, Alexanco, Lorenzo Rico, José Ángel de la Casa, Manu Sarabia y Cecilio Alonso que se dieron cita para practicar el deporte que los une, el golf, y participar en el  XX Aniversario del Torneo Palo de Plata D&A Medical MBA que organiza el ex celeste Paco Doblas.

O BNG solicita ao Goberno municipal que regularice os núcleos rurais afectados pola lei de Costas

A Guarda, 23 xullo 13. O Bloque Nacionalista Galego presentou unha iniciativa no rexistro do concello na que solicita o inicio dos trámites para regularizar aqueles núcleos rurais que poidan estar afectados pola lei de Costas aprobada polo PP.

A lei 22/1988 de Costas, estabelecía unha normativa uniformizadora e homoxeinizadora para o todo o litoral do Estado español e, como consecuencia, non recollía como tales os núcleos rurais da Galiza deixando, na práctica, en situación de ilegalidade miles de persoas en todo o país. Excluía, por tanto, unha realidade urbanística, cultural, etnográfica, demográfica e de mantemento de actividades sustentábeis única no Estado.

O BNG, ao longo destes anos, tentou dar solución á problemática dos núcleos tradicionais galegos afectados pola lexislación estatal de Costas, coa oposición do PSOE”, comenta Xan Lois, portavoz municipal do BNG.

O pasado 9 de maio o PP probou a Lei de protección e uso sostíbel do litoral que permite a privatización da costa por parte de empresas e propietarios , en detrimento do público e do medio ambiente, e reforzando a continuidade de instalacións contaminantes no litoral. A nova lei estabelece que debe ser a Administración Local a que inicie os trámites para o recoñecemento destes núcleos rurais.

O Coro Universitario, elixido por Amigos de la Ópera para cantar ‘Il Trovatore’ de Verdi

Les informamos que en la temporada lírica de otoño 2012+1 de Amigos de la ópera de Vigo , se estrenará la versión original de El Amor Brujo, de Manuel de Falla, con la cantante Ginesa Ortega y la orquesta Spaincellence, bajo la dirección de Manuel Tévar. Será el próximo 4 de octubre de 2013 en la sala de conciertos del centro cultural novacaixagalicia.

O Coro Universitario de Vigo xa ten un novo fito na súa traxectoria: a asociación Amigos de la Ópera da cidade olívica vén de elixilo para que interprete, no vindeiro mes de decembro, a ópera de Verdi, Il Trovatore. Con todo, esta non será a primeira vez que a agrupación se presente ante os vigueses para interpretar obras dramáticas e musicais de recoñecidos compositores a nivel mundial. A comezos do ano 2009, os integrantes do coro xa fixeron un percorrido pola obra do italiano Giuseppe Verdi, acompañados pola Orquestra Clásica de Vigo.

Por aquél entón, o éxito desta colaboración foi máis ca notorio e serviulle á agrupación de panca para achegarse pouco a pouco a outros proxectos similares. “Dende o Coro Universitario levamos moito tempo querendo traballar conxuntamente cos Amigos de la Ópera, un feito que agora se materializa e que supón unha oportunidade única para todos e cada un de nós”, comenta a súa directora, Nuria Lorenzo.

Dende a asociación, o seu presidente, Roberto Relova, salienta a profesionalidade e o tesón de Nuria Lorenzo á fronte do coro. “Potenciar o talento e as voces que hai na contorna é unha das nosas máximas”, argumenta Relova. Achegar a toda a comunidade universitaria e aos veciños e veciñas de Vigo á ópera é outro dos obxectivos que persegue esta colaboración “que traerá consigo moitas máis”, tal e como destaca o vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais, Manuel Fernández Iglesias, que incide en que, “a través de iniciativas coma esta pretendemos involucrar á Universidade na vida cultural das tres cidades onde ten emprazados os seus campus”.

Casting de voces

O vindeiro martes 30 de xullo o Conservatorio Superior de Música acollerá un casting de voces aberto non só aos membros da comunidade universitaria senón a calquera persoa que teña interese en participar nun proxecto destas características. As probas desenvolveranse en dúas quendas. A primeira delas será en horario de mañá, dende as 11.00 ata as 14.00 horas. Pola tarde, as audicións terán lugar entre as 16.00 e as 19.00 horas. Para participar nesta convocatoria cómpre confirmar a asistencia no enderezo electrónico coro@uvigo.es. O pianista Jesús Moares acompañará á directora do Coro Universitario, Nuria Lorenzo nesta xornada.

Valença Noites no Jardim -Portugal

 

As noites no Jardim Municipal de Valença estão de volta com muita animação, até 25 de Julho, com seis espetáculos. Bandas de música, orquestras, hip hop, dj’s prometem animar as noites de verão.

Quarta-feira, 24 de julho, a noite do Jardim estará a cargo dos Madmen Corner,  Lente de Contacto e do DJ Skury, a partir das 22h00.  Os Madmen Corner são uma banda rock de Valença e foi uma das bandas galardoadas no VianaMexe 2013,  Lente de Contacto é uma banda de Hip Hop de Viana do Castelo e uma referência no género, a nível nacional e o DJ Skury trará os seus sons de hip hop.

Quinta-feira, 25 de julho, a noite do Jardim estará a cargo da orquestra Ard’ Notas e da banda Brother’s Soul. Ard’Notas é uma orquestra da Associação Musical de São Pedro da Torre, com cerca de 30 elementos que apresentará um reportório composto por músicas de vários estilos desde o pop rock, swing, dance music e bossa nova. Brother’s soul é um duo de música ligeira de Viana do Castelo.

O primeiro espetáculo esteve a cargo da Banda de Música Popular de Tui e decorreu em 19 de Julho.

Noites no Jardim enquadra-se no calendário anual de atividades culturais que Valença proporciona, com uma diversificada oferta que anima e dinamiza a cidade.

A iniciativa é da Câmara Municipal de Valença, a produção musical está a cargo da David Martins Eventos e o patrocínio cabe às empresas Olá, Libargel e Lipton.