A XUNTA LEMBRA AO CONCELLO DE VILABOA QUE DEBE ACHEGAR A DOCUMENTACIÓN QUE CERTIFIQUE O CUMPRIMENTO DOS REQUISITOS DA LEI DE COSTAS NOS SEUS NÚCLEOS LITORAIS

  • Ata o momento o Concello non remitiu documentación algunha que acredite a posible rebaixa da liña de protección dos 100 aos 20 metros nos seus núcleos costeiros afectados por expedientes de reposición

Santiago, 23 de xullo de 2013.- A Consellería de Medio Ambiente lembra que os concellos como Vilaboa- cuxos núcleos costeiros están delimitados no planeamento, pero cunha afección da liña de servidume que impide usos residenciais- deben acreditar ante o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente que ditos núcleos cumpren os requisitos establecidos na nova Lei de Costas para a súa legalización e solicitar o pertinente informe nese sentido ao propio Ministerio. Nestes casos, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística deixará en suspenso a imposición de multas coercitivas e a execución forzosa dos expedientes de reposición da legalidade abertos en ditos núcleos, mentres o MAGRAMA non se pronuncie ao respecto.

A Xunta indica que ata o momento o Concello de Vilaboa non remitiu documentación algunha que acredite a posible rebaixa da liña de protección dos 100 aos 20 metros nos seus núcleos costeiros afectados por expedientes de reposición, polo que mentres tanto a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) continuará coa adopción das medidas para restaurar a legalidade urbanística vulnerada. Entre as funcións atribuídas á APLU, atópanse a potestade sancionadora, de restitución e reposición da legalidade na zona de servidume do dominio público marítimo terrestre.

En maio de 2013 publícouse no BOE a Lei 2/2013, de 29 de maio, de protección e uso sostible do litoral e de modificación da lei 22/1988, que, entre outros aspectos, posibilita a redución do ancho da servidume de protección de 100 metros a 20 metros en relación cos núcleos de poboación que, sen ter clasificación formal de solo urbano, si tivesen características propias del, algo que ten que ser acreditado polos concellos.

Cómpre destacar que en Galicia a efectos clasificatorios hai que ter en conta unha categoría diferenciada de solo cun singular réxime xurídico que é o solo de núcleo rural, no cal o uso predominante é o residencial. Por outra parte, cabe salientar que dentro da zona de servidume do dominio público marítimo terrestre as edificacións destinadas a residencia están prohibidas.

Neste sentido, a APLU levou a cabo unha modificación do Plan de Inspección para o ano 2013, relativa aos expedientes tramitados dentro da zona de servidume do dominio público marítimo terrestre que afecten a terreos que poidan acollerse ao establecido na Disposición Transitoria 1ª da Lei 2/2013. Nestes casos, a execución forzosa quedará en suspenso sempre e cando o concello acredite o cumprimento dos requisitos sinalados na Lei de Costas.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: