GALICIA, ASTURIAS, CANTABRIA E EUSKADI ULTIMAN A TERCEIRA PARTE DA GUÍA DE VIXILANCIA DA SAÚDE NO SECTOR PESQUEIRO

  • O centro do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) de Rande acolle ata mañá unha reunión técnica das catro comunidades autónomas
  • Esta última fase céntrase nas diferentes faenas que se realizan nos buques de altura e gran altura
  • Tamén se realizará unha avaliación de riscos tipos do traballo, que incluirá tamén un dos traballos máis precisos realizados ata o momento sobre factores ergonómicos na pesca

Santiago, 23 de xullo de 2013.- Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi están a traballar na terceira e última parte da Guía para a vixilancia da saúde no sector pesqueiro, que acordaron elaborar. Para avanzar neste traballo, estase a celebrar unha reunión técnica, que comezou onte e rematará mañá, no centro do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) de Rande.

Estas catro comunidades autónomas suman 2.400 kilómetros de litoral e contan con máis de 20.000 traballadores neste sector, cerca do 50 por cento do total dos pescadores de España, cunha flota de preto de 6.000 buques. Dada a relevancia do sector, decidiron lanzar unha guía específica de vixilancia da saúde para cada tipo de actividade diferenciada (pesca de baixura e artesanal, marisqueo a pé, recursos específicos, altura e gran altura, e actividades auxiliares).

Así a guía, que está elaborada por un grupo multidisciplinar de técnicos de prevención e de médicos do traballo, abrangue todas as especialidades pesqueiras, os seus riscos asociados, a súa atención específica en materia de prevención, os perigos de cada posto de traballo e cada tarefa que aborda o traballador.

Nesta última fase, os traballos céntranse nas faenas que se realizan nos busques de altura e gran altura. O obxectivo da xuntanza que se está a celebrar é identificar as fases de traballo e as súas tarefas, e avaliar desde un punto de vista técnico todas aquelas nas que é posible que o traballador sufra un dano.

Ao mesmo tempo, nesta fase realizarase tamén unha intensa e fonda avaliación de riscos ergonómicos, describindo aqueles que se derivan das diferentes manobras realizadas en empuxes e arrastres, movementos repetitivos, posturas forzadas e manipulación manual de cargas.

Tratarase dun dos traballos máis intensos e precisos realizados na especialidade preventiva da ergonomía na pesca, xa que se concreta logo de moitas xornadas de embarque, e de filmación a bordo e en terra.

Como peche, levarase a cabo unha avaliación dos riscos psicosociais. Deste xeito, completarase este documento, que constitúe unha ferramenta novidosa para o traballo que realizan os técnicos de prevención, e tamén para os médicos de traballo, que poderán visualizar e coñecer os riscos aos que están expostos os traballadores do sector e, así, planificar os protocolos específicos de vixilancia da saúde axeitados aos riscos identificados e avaliados.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: