HERNÁNDEZ DESTACA QUE A HUMANIZACIÓN DA TRAVESÍA DE SABARÍS INCREMENTA A CALIDADE DE VIDA DOS VECIÑOS E POTENCIA O CARÁCTER COMERCIAL E TURÍSTICO DE BAIONA

  • clip_image002 (2)A obra supón unha mellora que se estende ao longo de 500 metros, habilitando 57 prazas de aparcamento, con 7 pasos de peóns e a canalización de servizos de auga, abastecemento, enerxía e telecomunicacións
  • O conselleiro de Medio Ambiente tamén revisou o estado das obras de adecuación do firme e sinalización de dúas glorietas da estrada PO-552  na zona de Sabarís

Baiona (Pontevedra), 23 de xullo de 2013.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, explicou esta mañá, durante unha visita a Baiona, que o seu departamento, grazas a un convenio de colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia dentro do Plan Hurbe, vén de finalizar a humanización da travesía interior de Sabarís, o que supón un incremento dos servizos e a calidade de vida dos veciños desta vila pontevedresa. Hernández incidiu en que ademais se reforza o carácter comercial e turístico da localidade. Para executar esta actuación foi necesario un investimento de máis de 1,2 millóns de euros.

Con esta obra mellórase a rúa principal de Sabarís e supón un incremento importante na calidade dos servizos aos veciños, así como potenciar o carácter comercial desta travesía. As melloras esténdense ao longo de 500 metros na rúa Xulián Valverde, dende a rotonda da ponte romana ata cruce coa rúa José Pereira Troncoso, habilitando 57 prazas de aparcamento, con 7 pasos de peóns e a canalización de servizos de auga, abastecemento, enerxía e telecomunicacións. Por outra banda, créase un espazo máis ordenado, seguro e habitable, cunha sinalización renovada, con distribución de puntos ecolóxicos, mobiliario urbano e áreas axardinadas con árbores.

A nova sección dará servizo ao tráfico rodado, carga descarga e peóns, mellorando os arredores para a vida cotiá e a realización do mercado ambulante semanal e das feiras.

Para a execución desta fase foi necesaria a demolición  dos pavimentos existentes; a escavación do terreo para a instalación das canalizacións; a reposición ou substitución da rede de abastecemento; máis dun quilómetro de canalización de fundición; unha fonte de granito; e 18 bocas de rego, entre outros elementos.

 

 

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: