LOUZÁN CONGRATÚLASE DE QUE “VIGO E PONTEVEDRA TEÑAN O PESO QUE LLES CORRESPONDE NO ÁMBITO EMPRESARIAL DE GALICIA”
Felicita a Fernández Alvariño, que será o novo presidente da CEG despois de coñecerse que non se presentou ningunha outra candidatura
Valora o “proxecto de unidade empresarial” de Alvariño, “lonxe de localismos e sobre dúas bases fundamentais: o traballo en equipo e a corresponsabilidade”
- · Augura un gran futuro para a patronal galega, avalado por un “traballo serio e rigoroso” como o realizado ata hoxe na CEP
- · Recoñece e agradécelle a Antonio Fontenla o labor realizado ata o de agora á fronte da patronal galega