O BNG solicita ao Goberno municipal que regularice os núcleos rurais afectados pola lei de Costas

A Guarda, 23 xullo 13. O Bloque Nacionalista Galego presentou unha iniciativa no rexistro do concello na que solicita o inicio dos trámites para regularizar aqueles núcleos rurais que poidan estar afectados pola lei de Costas aprobada polo PP.

A lei 22/1988 de Costas, estabelecía unha normativa uniformizadora e homoxeinizadora para o todo o litoral do Estado español e, como consecuencia, non recollía como tales os núcleos rurais da Galiza deixando, na práctica, en situación de ilegalidade miles de persoas en todo o país. Excluía, por tanto, unha realidade urbanística, cultural, etnográfica, demográfica e de mantemento de actividades sustentábeis única no Estado.

O BNG, ao longo destes anos, tentou dar solución á problemática dos núcleos tradicionais galegos afectados pola lexislación estatal de Costas, coa oposición do PSOE”, comenta Xan Lois, portavoz municipal do BNG.

O pasado 9 de maio o PP probou a Lei de protección e uso sostíbel do litoral que permite a privatización da costa por parte de empresas e propietarios , en detrimento do público e do medio ambiente, e reforzando a continuidade de instalacións contaminantes no litoral. A nova lei estabelece que debe ser a Administración Local a que inicie os trámites para o recoñecemento destes núcleos rurais.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: