O Coro Universitario, elixido por Amigos de la Ópera para cantar ‘Il Trovatore’ de Verdi

Les informamos que en la temporada lírica de otoño 2012+1 de Amigos de la ópera de Vigo , se estrenará la versión original de El Amor Brujo, de Manuel de Falla, con la cantante Ginesa Ortega y la orquesta Spaincellence, bajo la dirección de Manuel Tévar. Será el próximo 4 de octubre de 2013 en la sala de conciertos del centro cultural novacaixagalicia.

O Coro Universitario de Vigo xa ten un novo fito na súa traxectoria: a asociación Amigos de la Ópera da cidade olívica vén de elixilo para que interprete, no vindeiro mes de decembro, a ópera de Verdi, Il Trovatore. Con todo, esta non será a primeira vez que a agrupación se presente ante os vigueses para interpretar obras dramáticas e musicais de recoñecidos compositores a nivel mundial. A comezos do ano 2009, os integrantes do coro xa fixeron un percorrido pola obra do italiano Giuseppe Verdi, acompañados pola Orquestra Clásica de Vigo.

Por aquél entón, o éxito desta colaboración foi máis ca notorio e serviulle á agrupación de panca para achegarse pouco a pouco a outros proxectos similares. “Dende o Coro Universitario levamos moito tempo querendo traballar conxuntamente cos Amigos de la Ópera, un feito que agora se materializa e que supón unha oportunidade única para todos e cada un de nós”, comenta a súa directora, Nuria Lorenzo.

Dende a asociación, o seu presidente, Roberto Relova, salienta a profesionalidade e o tesón de Nuria Lorenzo á fronte do coro. “Potenciar o talento e as voces que hai na contorna é unha das nosas máximas”, argumenta Relova. Achegar a toda a comunidade universitaria e aos veciños e veciñas de Vigo á ópera é outro dos obxectivos que persegue esta colaboración “que traerá consigo moitas máis”, tal e como destaca o vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais, Manuel Fernández Iglesias, que incide en que, “a través de iniciativas coma esta pretendemos involucrar á Universidade na vida cultural das tres cidades onde ten emprazados os seus campus”.

Casting de voces

O vindeiro martes 30 de xullo o Conservatorio Superior de Música acollerá un casting de voces aberto non só aos membros da comunidade universitaria senón a calquera persoa que teña interese en participar nun proxecto destas características. As probas desenvolveranse en dúas quendas. A primeira delas será en horario de mañá, dende as 11.00 ata as 14.00 horas. Pola tarde, as audicións terán lugar entre as 16.00 e as 19.00 horas. Para participar nesta convocatoria cómpre confirmar a asistencia no enderezo electrónico coro@uvigo.es. O pianista Jesús Moares acompañará á directora do Coro Universitario, Nuria Lorenzo nesta xornada.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: