MÁIS DE MIL GAITEIROS ENCHERÁN A AVENIDA DE MONTERO RÍOS PARA PARTICIPAR NA FINAL DA XXIII LIGA GALEGA DE BANDAS DE GAITAS

  • É a primeira vez que a fase final se disputa na provincia de Pontevedra

Máis de mil gaiteiros e percusionistas pertencentes a 22 agrupacións musicais participarán este sábado na fase final da XXIII Liga Galega de Bandas de Gaitas, nun acto que encherán de cor e música a Avenida Montero Ríos, da cidade de Pontevedra.

Así o anunciaron esta mañá a deputada provincial Ana Isabel Vázquez e o presidente da Federación Galega de Bandas de Gaitas, Hipólito Cabezas, nunha rolda de prensa na que incidiron en que se trata dun evento que contribúe a “poñer en valor o noso folclore, a nosa cultura e a nosa música”.

O encontro dará comezo ás 17,00 horas, coa actuación das bandas que compiten no 4º grado, e irá cobrando maior espectacularidade ao longo da tarde, a medida que lle vaia sendo a quenda de participación das agrupacións cunha maior traxectoria e, en consecuencia, maior calidade tanto musical como de interpretación e estética, culminando, segundo destacou Hipólito Cabezas, coa actuación das que compiten no 1º grado e que ofrecerán “un espectáculo musical e visual espléndido”.

Ana Isabel Vázquez referiuse ao compromiso da Deputación Provincial con este evento, que por primeira vez se celebra na provincia de Pontevedra dado que nas 23 edicións anteriores esta provincia ten acollido fases iniciais pero nunca a final da liga.

Vázquez Reboredo subliñou que esta é unha “cita que vai congregar diante da Deputación a miles de gaiteiros e gaiteiras” nun encontro que se presenta como “unha forma de chamar a atención sobre o noso folclore, sobre os nosos instrumentos e sobre a nosa música”.

Nesta liña, Hipólito Cabezas fixo fincapé en que se trata “do evento ao redor da gaita máis importante que se fai en Galicia, pola cantidade de xente e participantes que move” e que proceden tanto da Galicia interior como exterior, con participantes nesta fase final de agrupacións das catro provincias, así como de Portugal e Cataluña.

Para dar cabida ao numeroso público que se agarda que asista a este espectáculo, está prevista a instalación de bancadas con capacidade para 1.400 persoas, así como a emisión en directo do encontro a través dunha pantalla LED xigante, para que todos os interesados o poidan seguir.

Cinco apartados

As bandas farán a  súa actuación ao aire libre, desfilando e formando círculos, ao tempo que interpretan as pezas que seleccionasen para esta ocasión.

Os xuíces, un total de dez, terán que puntuar a cada banda en función de 5 apartados: Gaita, Percusión, Estética, Afinación e Conxunto.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: