O CENTRO DE ACOLLIDA DE ANIMAIS DA DEPUTACIÓN BUSCA FAMILIAS DE ADOPCIÓN PARA DÚAS CAMADAS DE CACHORROS ABANDONADOS EN NIGRÁN E RIBADUMIA

descarga descarga (1)

Trátase de seis cachorros dun mes e outros catro de mes e medio

O Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra (CAAN) busca familias de adopción responsables para 10 cachorros que nos últimos días foron abandonados en Ribadumia e Nigrán e que nestes momentos están sendo atendidos por persoal do centro.

A primeira das camadas foi recollida o pasado 22 de xullo, cando membros de Protección Civil de Ribadumia (que colaboran co CAAN)  levaron ata o centro de acollida seis cachorros que algún desaprensivo abandonara nunha caixa xunto a un colector de lixo. Trátase de cachorros de raza mestiza, dun mes de idade, tres machos e tres femias e que, unha vez examinados polos veterinarios do centro que os están attendendo, se comprobou que os seis se atopan en bo estado de saúde.

Ao día seguinte, persoal do CAAN procedeu a recoller a segunda das camadas, catro cachorros que apareceron en Nigrán, tras ser abandonados diante dun restaurante. Son catro cachorros machos, de raza mestiza, dun mes e medio de idade e que tamén se encontran en bo estado de saúde.

DENUNCIAS

Ante estes actos de desprezo cara aos animais, a Deputación de Pontevedra traballará na persecución e seguimento das infraccións por abandono e maltrato animal e practicará as denuncias correspondentes, perseguindo así actos irresponsables e penados pola normativa actual.

O obxectivo da Administración Provincial non só é atender debidamente e promover as adopcións dos animais abandonados, senón que, a través do Centro de Acollida, busca promover actitudes responsables e de respecto aos animais, concienciando á sociedade fronte ao abandono.

Dende o CAAN  tamén se fai un chamamento á cidadanía para promover a adopción dos animais que son abandonados; adopcións que son  totalmente gratuitas para o adoptante, que recibirá os animais perfectamente identificados co correspondente microchip.

Os teléfonos de contacto son os seguintes: 608 975 326/ 981 953 558

REDUCIR O ABANDONO

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) está ideado para a recollida, mantemento e coidado dos animais abandonados, pero tamén aspira a achegar medidas que reduzan a incidencia do abandono, entre as que se atopan:

  • Identificación animal: todos os animais que se entreguen en adopción dende o CAAN serán previamente identificados e incluídos no Rexistro de Animais Domésticos e Salvaxes de Galicia
  • Campañas de sensibilización dirixidas a grupos escolares no propio CAAN e nos colexios
  • Tamén, mediante un convenio coa Universidade de Santiago de Compostela, os alumnos do último curso de Veterinaria do Campus de Lugo poderán realizar estancias no centro, participando activamente nas tarefas de atención dos animais
  • Persecución e seguimento das infraccións por abandono e maltrato animal: o CAAN practicará as denuncias correspondentes, perseguindo así actos irresponsables e penados pola normativa actual.
  • Formación: o CAAN está deseñando unhas xornadas dirixidas a técnicos municipais e axentes locais. Nunha segunda fase estarán dirixidas a outros axentes implicados como son os veterinarios clínicos e as asociacións protectoras

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: