Traballo Benestar da Xunta de Galicia

BENESTAR IMPULSA UNHA EXPERIENCIA PILOTO CON FEAFES PARA MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL

  • A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza cos responsables da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental
  • A responsable da área autonómica coñeceu de primeira man os resultados do programa Mentorazgo, que se enmarca no proxecto europeo Envellecemento + Activo, que lidera a Consellería de Traballo e Benestar
  • Piñeiro destacou que a carteira de servizos sociais incluirá recursos específicos para persoas dependentes con problemas de enfermidade mental
  • Entre as prestacións que se porán en marcha para este colectivo, destacou un servizo de axuda a domicilio e de atención diúrna, ocupacional e nocturna  .
  • O ISSGA E A COOPERATIVA DE ARMADORES DO PORTO DE VIGO FOMENTARÁN A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO SECTOR DA PESCA
    • A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja e o presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (Arvi), Francisco Javier Touza, asinaron hoxe un acordo de colaboración
    • As actuacións que se levarán a cabo incidirán na pesca litoral, de altura e gran altura
    • O Instituto realizará estudos epidemiolóxicos e cursos de formación específicos en materia de seguridade e saúde laboral a bordo de buques de pesca

    PRETO DO 80 POR CENTO DOS CASE 1.800 PARTICIPANTES NAS PROBAS DE COMPETENCIAS CLAVE ACADARON O APROBADO

    • A Consellería de Traballo e Benestar publicou hoxe os resultados na páxina web
    • Estas probas diríxense ás persoas que non posúen os requisitos de formación básicos para acceder aos cursos con certificados de profesionalidade

    Santiago, 24 de xullo de 2013.- Ao redor do 80 por cento dos case 1.800 participantes nas probas de competencias clave acadaron o aprobado. A Consellería de Traballo e Benestar publicou hoxe na súa páxina web os resultados.

    Estas probas, que se celebraron o pasado 22 e 23 de xuño, diríxense ás persoas que non posúen os requisitos de formación básica (ESO no caso do nivel 2, e Bacharelato no nivel 3) para acceder aos cursos vinculados aos certificados de profesionalidade.

    Este exames garanten que as persoas posúen os coñecementos e capacidades básicos para acceder a estas actividades formativas con aproveitamento, o que lles permitirá obter un certificado de profesionalidade con carácter oficial e alcance estatal.

    No caso da avaliación do nivel 2, a porcentaxe de aptos chegou ao 81,57 por cento de media nas 7 competencias. A área con maior aprobados foi a de dixital, seguida pola lingua castelá, lingua galega, tecnoloxía, matemáticas e ciencias. O resultado menos bo foi o de lingua inglesa, cun 34,80 por cento.

    Pola súa banda, a cifra de aprobados nas probas do nivel 3 foi do 78,17 por cento. Neste caso, e por orde, as áreas con mellores resultados foron: lingua galega, tecnoloxía, ciencia, dixital, matemática, lingua castelá e inglés.

    Mediante a convocatoria destas probas, o departamento autonómico reafírmase na súa aposta de fomentar a calidade da formación para o emprego, que ten como obxectivo acadar a inserción profesional no mercado laboral.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: