A XUNTA LICITA POR MÁIS DE 265.000 EUROS A REDACCIÓN DO PROXECTO DE CONSTRUCCIÓN PARA DESDOBRAR O CORREDOR DO MORRAZO NO TRAMO MEIRA- CANGAS

  • clip_image002 As empresas interesadas en presentar as súas ofertas ao proxecto de construción do terceiro dos tramos dispoñen de 40 días tras a licitación
  • O Goberno galego considera fundamental converter o corredor do Morrazo en autovía para reducir os problemas de capacidade e seguridade viaria e mellorar a estrutura territorial de comunicacións da comarca do Morrazo co eixo atlántico

Santiago, 29 de xullo de 2013.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de licitar a redacción do proxecto de construción para o desdobramento do terceiro subtramo do Corredor do Morrazo, 3,85 Km desde o enlace de Meira (PK 7+300) ata o primeiro enlace de Cangas (PK 11+150 ).

A Plataforma de Contratación da Xunta vén de publicar a  licitación deste terceiro proxecto, cuxo orzamento ascende a 265.589 euros, dando así cumprimento ao compromiso de ter en redacción os tres proxectos no segundo semestre de 2013.

 

Cómpre lembrar que a actuación correspondente ao desdobramento do Corredor do Morrazo, desde o enlace ata a AP-9 ata o enlace coa VG-4.5 (primeiro enlace de Cangas), ten unha lonxitude aproximada de 11 km e desenvólvese pola vertente sur da Península do Morrazo. O proxecto de construción, ademais do terceiro tramo que se vén de licitar, dispón no seu ámbito de actuación doutros dous subtreitos:

 

  • Conversión en autovía do Corredor CG-4.1 do Morrazo. Subtreito I: PK 0+000 – 3+250: o contrato de servizos foi licitado o 30 de abril 2013 cun orzamento de 406.106,82 euros.
  • Conversión en autovía do Corredor CG-4.1 do Morrazo. Subtreito II: PK 3+250 – 7+300: o contrato de servizos foi licitado o 24 de maio de 2013 cun importe de 276.805,70 euros.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas ao proxecto de construción do terceiro dos tramos dispoñen de 40 días naturais, a contabilizar a partir do día de licitación, polo que o prazo rematará o 3 de setembro ás 14:00 h.

A Xunta considera fundamental converter o corredor do Morrazo en autovía para reducir os problemas de capacidade e seguridade viaria da infraestrutura, e mellorar a estrutura territorial de comunicacións da comarca do Morrazo co eixo atlántico.

Esta actuación implicará definir unha vía de altas prestacións para os máis de 13.000 vehículos diarios que circulan polo treito. Este beneficio tamén repercutirá na redución dos tempos de percorrido, xa que co desdobramento desde o enlace de Cangas ata a Ponte de Rande, poderá aforrarse unha media dun 20% do tempo de percorrido.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: