A CANTANTE NAJLA SHAMI PUBLICA O LIBRO-DISCO, DEDICADO A ROSALÍA DE CASTRO ‘NA LINGUA QUE EU FALO’

image001  ‘Na lingua que eu falo’ presentarase na Feira do Libro da Coruña e comeza a chegar ás librerías de todo o país esta semana

Estes días irá chegando ás librerías de todo o país, o libro-disco de Najla Shami, dedicado a Rosalía de Castro, ‘Na lingua que eu falo’, un fermoso traballo musical ilustrado coas fotografías de Ainoa Calvo e na que Najla Shami musica algúns dos poemas de Rosalía ao tempo que nos ofrece temas de seu de clarísimo aire rosaliano.
Estamos diante dun libro-disco que estamos certos de que vai chamar poderosamente a atención por moitos motivos. En primeiro lugar, pola calidade musical da proposta. A música de Shami, elegante e sobria, enérxica cando ten que ser, coma un río maino cando cómpre, enmarca á perfección o espírito rosaliano deste diálogo entre dúas autoras que se atopan neste século XXI no que os grandes temas da poeta siguen a ser os que nos enchen a alma hoxe en día.
O traballo preséntase na Coruña, o vindeiro mércores, ás 20 horas no marco da Feira do Libro e contará cunha pequena mostra acústica a cargo da propia Najla Shami.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: