CxG esixe transparencia nos procesos de contratación do Plan de Emprego.

Compromiso por Galicia de Vigo esixe que se preserven criterios de igualdade na contratación, impedindo que se reproduzan as irregularidades de ton caciquil sucedidas en pasadas convocatorias.

Con motivo da aprobación das autorizacións de pagamento, en materia de creación de emprego, para que 10 entidades da cidade poidan contratar a 119 persoas no marco do Plano de Emprego Municipal de Vigo, a formación galeguista maniféstase a prol de garantir os principios de igualdade nas contratacións temporais realizadas con motivo de dito Plano.

O responsable local, Henrique Macías, afirmou que “CxG non acepta baixo ningún concepto que volvan ocorrer irregularidades como si sucederon no pasado”. Así, os galeguistas, afirman que “Abel Caballero ten que entender que Vigo non é a súa empresa e, polo tanto, non pode permitirse que empregue os Planos de Emprego ao seu antollo”. Neste sentido, CxG entende que no documento aprobado para o ano pasado, “bordeouse a legalidade de forma descarada, algo que foi recollido nos propios informes de Intervención do Concello de Vigo”, permitindo un trato non equitativo entre os distintos colectivos.

Con estes antecedentes, CxG Vigo esixe que nesta convocatoria “non se repitan as actitudes caciquíspropiciadas pola falta de control” e se eviten así actitudes como: contratacións de familiares, achegados, ou persoas afíns en diversas institucións/asociacións; traspasos de persoas ao paro para cumprir os requisitos de contratación ou ausencia de publicidade pública das ofertas de emprego postas a disposición.

 

CxG expresou que “todas estas situacións foron posibles grazas á inoperancia manifesta da Comisión de seguimento do Concello de Vigo, qué, casualmente, só perseguía a determinados colectivos” mostrando excesiva flexibilidade no que se refire ao seu labor fiscalizador no proceso de selección do persoal con cargo aos convenios municipais, non salvagardando así os principios de igualdade entre os cidadáns.

Asímesmo Compromiso por Galicia lamenta que a Federación Veciñal Eduardo Chao, un dos poucos proxectos que ten mostrado unha transparencia á hora de facer a selección para o Plan de emprego, teña sido castigada inxustificadamente nos importes adxudicados, sendo a partida destinada á Federación, na que se agrupan máis duhna treintena de asociacións veciñais, moi inferior ás destinadas a outros colectivos moito menos representativos, motivo este xa de sospeita de que o Concello de Vigo pode estar incurrindo, de novo, na mesma falta de transparencia na xestión dos cartos públicos.

Por estes motivos a formación galeguista incide na “obriga de que a Comisión de Seguimento opere de forma eficaz para garantir o principio ético na distribución dos cartos públicos, 1,5 millóns de euros”pois, inciden, “teñen que estar ao servizo dos cidadáns e non aos intereses do equipo de goberno do Concello”.

 

Vigo, 31 de xullo de 2013

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: