Máis de 500 persoas participaron nos obradoiros de verán dos Centros de Maiores da Fundación Novacaixagalicia
I Leváronse a cabo 32 obradoiros e 407 horas lectivas
I Os Centros de Maiores da Fundación Novacaixagalicia ofertaron 9000 prazas no curso recentemente clausurado, 2012-2013
I As actividades preferidas polos maiores son a ximnasia articular, inglés, musicoterapia, relaxación e a variedade de actividade física
A clase de Tai – Chinés Centro de Maiores da Fundación Novacaixagalicia de Ourense |
31.06.2013. A Fundación Novacaixagalicia programou para a rede dos seus doce centros de maiores unha serie de obradoiros de lecer estival, máis de duascentas horas durante os meses de xuño e xullo para que os seus socios gozaran das súas actividades preferidas, as máis demandadas foron: ximnasia articular, inglés, musicoterapia, relaxación e variedade de actividades físicas. Ademais disto, os maiores puideron asistir a outros programas durante estes meses, tales como «A volta ao mundo en cinco días» que propicia as relacións interxeracionais e no que podían participar avós e netos, ou os monográficos dedicados a temas cotiáns coma a saúde, o aforro e as afeccións. Máis de cincocentos socios