Archive | agosto 2, 2013

Concello de Vigo


O alcalde esixe que Vigo sexa a sede das novas iniciativas empresariais de Zona Franca

O alcalde de Vigo anunciou a petición de que os proxectos de centros de iniciativas empresariais da Zona Franca teñan a súa sede en Vigo. Enfatizou que o seu voto favorable ás contas xerais do Consorcio está condicionado a esta solicitude porque esta cidade con máis dinámica empresarial e de novas tecnoloxías.

 


Caballero di que a mostra Tecnorrevolución “reforza a nosa visión” do Vigo da “tecnoloxía e da investigación”

O alcalde asistiu este xoves á apertura desta mostra tecnolóxica interactiva, posta en marcha en Samil pola Obra Social “La Caixa” en colaboración co Concello de Vigo durante o mes de agosto. A exposición “ten que ver cunha cidade investigadora e cunha gran capacidade tecnolóxica”, asegurou Caballero.

 


Grupos vigueses trasladan ao alcalde o seu “agrado” polo funcionamento de Vigosónico

Abel Caballero recibiu hoxe xoves a 25 músicos que ensaian na instalación municipal de Vigosónico, en Valladares, que trasladaron ao alcalde a súa “satisfacción” polo funcionamento do recinto, segundo indicou o alcalde. Unha representación destes grupos actuarán nas festas de verán.

 


Fangoria actuará este venres 2 de agosto en Castrelos

O grupo madrileño, Fangoria, presenta en Vigo o seu novo traballo, “Cuatricromía”. Tras a suspensión a semana pasada debido ao loito oficial, a nova cita será mañá venres 2 de agosto ás 23 horas, no Auditorio de Castrelos.

 


Esta fin de semana volven os Castroconcertos

Este venres 2 de agosto, rap, hip hop e reggae volven ao Castro da man de Xandre Ground e Ivo, no centro de dinamización xuvenil “Súbete ó Castro” e dentro do programa Vigo en Festas, a partir das 22 horas. O cartel complétase o sábado coa actuación de Fuck Paradise e Drug Rabbit.

 

Xunta de Goberno Local

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

Vuelve a Pamplona el Ciudadela Sound con Juan Magán, Los Enemigos y Ariel Rot

noname

El electro latino y el rock serán los protagonistas de las noches de verano de la Ciudadela, que vuelve a acoger el Ciudadela Sound.

 

El viernes 30 de agosto llegará a Pamplona el artista multidisciplinar Juan Magán. Productor, remixer, DJ, compositor, letrista y cantante, es uno de los artistas españoles con más proyección internacional gracias a sus éxitos en solitario y a sus colaboraciones con primeras figuras del pop como ShakiraNelly FurtadoDon Omar o Pitbull.

 

En los últimos tres años ha sumado más de 30 millones de reproducciones en Youtube y ha girado por todo el mundo, desde Ibiza a Beirut, pasando por México DF, París, Dubai, San Francisco, Ginebra….

 

El sábado 31 de agosto será el turno de Ariel Rot y Los Enemigos. El artista argentino presentará su último trabajo “La huesuda”, donde se encuentra uno de los repertorios más sensibles jamás grabados por Ariel, donde las baladas y algunos toques cabareteros se mezclan con su rock más clásico.

 

Los Enemigos de Josele Santiago, Fino Oyonarte, Chema Animal Pérez y Manolo Benítez, traerán su rock urbano a Pamplona. En su regreso a los escenarios, suenan mejor que nunca con “La revuelta enemiga”.

 

 

 

Las entradas ya están a la venta en Ticketmaster y en el Punto de Información Turística de la Plaza Consistorial.

 

Viernes 30: 17,30€ anticipada, 20€ taquilla

 

Sábado 31: 17,30€ anticipada, 20€ taquilla

 

Abono 2 días: 25,60€ anticipado, 30€ taquilla

 

3€ de descuento para titulares del Carné Joven (venta exclusiva en la sede de INDJ en Yangüas y Miranda nº27)

 

 

www.juanmagan.es

 

www.losenemigos.net

 

www.arielrot.com

 

 

Nova Esquerda Galega fai un chamamento a toda a cidadanía galega para a unidade de acción contra Rajoy e Feijoo.

Nova Esquerda Galega (NEG) fai un chamamento ás organizacións sociais e políticas da esquerda, aos movementos sociais e ás asociacións veciñais e cidadás para organizar unha gran manifestación en Vigo a principios de setembro para esixir a dimisión dos gobernos de Rajoy e Feijoo.

Para construírmos unha alternativa ao goberno de Rajoy, Nova Esquerda Galega chama a participar nas mobilizacións convocadas a raíz do caso Bárcenas, como as que terán lugar nos vindeiros días en todas as sedes do PP de Galicia, e instamos á esquerda parlamentaria e extra-parlamentaria a apoiar e impulsar iniciativas máis aló das presentadas no Congreso español. Leer Más…

BNG Vigo

descarga (8)  O BNG solidarízase coas traballadoras dos centros cívicos e acusa ao alcalde de crear un problema onde non o hai 

Vigo, 27 de xuño de 2013.-  O concelleiro do BNG, Xabier Alonso, visitou esta mañá o Centro Cívico de Coruxo, onde a súa traballadora e os usuarios do mesmo manteñen un peche en protesta polo despido das empregadas destas instalacións municipais. Deste xeito, o Bloque quere manifestar a súa solidariedade coas traballadoras despedidas tras anos xestionando estes centros municipais.

“O alcalde inventou un problema onde non o había”, salientou Xabier Alonso tras a visita, quen tamén destacou que “é evidente que Caballero non respostou á pregunta feita polo BNG no anterior pleno sobre a situación laboral das traballadoras” dos centros cívicos despois da adxudicación do contrato de xestión.

Precisamente Alonso preguntou no pleno se o goberno local vai garantir a permanencia das traballadoras que levan prestando os seus servizos durante 9 anos. Segundo o concelleiro nacionalista, se usuarios e usuarias demandan a súa continuidade “é porque están contentos coa súa xestión”. “Con esta decisión tírase pola borda a experiencia de anos”, lamentou.

Por outra banda, o edil nacionalista explicou que as novas contratacións de persoal tras o cambio da empresa concesionaria realízanse en peores condicións que as anteriores. “É inadmisible que se precarice o emprego”, criticou.

LA BELLA Y LA BESTIA

O vindeiro sábado día 10 de agosto a cidade coruñesa acolle o musical de Broadway A Bela e a Besta, que ofrecerá un total de seis funcións ata o 13 de agostoO  espectáculo terá lugar no Palacio da Ópera da Coruña e será esta a última oportunidade para ver en Galicia esta gran produción de Broadway que conquistou só en España máis de 2.500.000 espectadores. A xira do musical despedirase do noso país o vindeiro mes de setembro, logo de conseguir bater todas as marcas de ocupación nas cidades polas que pasou. As entradas están á venda enwww.servinova.com e na billeteira telefónica no 902 504 500.

 

A DEPUTACIÓN PRESENTA OS CONCERTOS DA VOLTA A ESPAÑA E INICIA A CONTA ATRÁS PARA O QUE SERÁ O MAIOR E MELLOR ESCAPARATE DAS RÍAS BAIXAS

  • El Sueño de Morfeo actuará o día 16 en O Grove e Nena Daconte porá o broche final o 24 de agosto
  • Louzán incidiu en que se trata dunha programación musical pensada para reforzar o efecto promocional das Rías Baixas que suporá a saída da Volta

A Deputación de Pontevedra puxo en marcha o cronómetro que marca a conta atrás para a saída da Volta Ciclista a España, que suporá, tal e como coincidiron en destacar o presidente da Deputación, Rafael Louzán, a deputada Begoña Estévez e a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, o maior e mellor escaparate das Rías Baixas no mundo enteiro.

Os tres fixeron estas declaracións no acto de presentación dos concertos da Volta, no que tamén participou o director de Unipublic, Javier Guillén.

Trátase dunha programación musical que dará comezo este venres 3 de agosto coa actuación de Julieta Venegas en Cambados, con Eladio y Los Seres Queridos como teloneros, e continuará con El Sueño de Morfeo, que actuarán o 16 de agosto en O Grove.

Nena Daconte pechará o ciclo de concertos o día da saída da Volta, o 24 de agosto, cunha actuación en Sanxenxo que estará precedida da dos galegos Marylan.

Tamén actuarán Roi Casal, o 23 de agosto en Cangas e o 26 en Lalín; e Xoel López e Amancio Prada o día 24 en Salvaterra de Miño.

Efecto promocional

Rafael Louzán subliñou que se trata dunha programación que “vén a completar o labor de promoción das Rías Baixas” que de por si suporá a saída da Volta ciclista desde unha batea en Vilaboa e con catro etapas na provincia.

O presidente da Deputación amosouse convencido do éxito desta nova edición da Volta en Pontevedra e animou a pontevedreses e visitantes a “implicarse” de cheo neste evento, dando novamente un exemplo coa saída masiva á rúa para seguir o paso da serpe multicolor en cada un dos pobos polos que pase.

Neste sentido, anunciou que, novamente, todos os cidadáns terán información detallada e abundante para que poidan facer ese seguimento en directo da Volta. Con ese obxectivo, púxose en marcha hoxe o cronómetro de conta atrás, que estará na web da deputación (www.depo.es) e que levará a todos os que pinchen sobre el ao cronograma do paso da Volta, pero nos próximos días tamén conducirá a numerosa información relativa a este evento, ás distintas etapas na provincia e ás actividades paralelas que se organizan, como os anteditos concertos.

Rafael Louzán fixo fincapé no efecto promocional da Volta e agradeceu a todos os que están participando na organización do evento, e en especial aos alcaldes, o traballo que están a facer e a perfecta coordinación, para non deixar nada á improvisación.

Nesta liña tamén se manifestou, en representación dos rexedores, a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, que agradeceu o esforzo da Deputación para traer á provincia un evento destas características. González amosouse convencida de que “o turismo ten futuro” e se en algún sitio ten un futuro especial “é no norte de España e nas Rías Baixas”.

Asegurou que a provincia de Pontevedra conta con todos os atractivos e elementos necesarios para ser un destino turístico de primeira magnitude “e se algo nos falta son escaparates apropiados. Este (a saída da Volta) é o mellor escaparate que podemos ter para o mundo”.

Algo no que coincidiu Javier Guillé         n ao asegurar que a Volta quere ser ante todo “unha fiestra promocional que amose esta marabillosa terra e os seus escenarios que con tanto mimo coidamos, a nivel internacional”.

Guillén salientou que “grazas á contribución que tivo Galicia na Volta o pasado ano, conseguimos renovar o contrato de retransmisión con TVE por 3 anos máis, unha oportunidade para seguir ensinando España aos españois e ao mundo enteiro”.

Participantes

En resposta a preguntas dos xornalistas, Javier Guillén salientou que está confirmada a participación na Volta de ciclistas do nivel de Purito Rodríguez, Alejandro Valverde, Samuel Sánchez, Philippe Gilbert ou Fabián Cacheda, entre outros.

 

 

As Xuventudes Socialistas de Galicia esixen a construción do Centro de Saúde de O Hío-Aldán en Cangas

Os mozos e mozas socialistas participarán na manifestación convocada por diferentes asociacións canguesas prevista para o sábado 3 de agosto ás 20:00h                                                                                                     

O secretario xeral, Aitor Bouza, lembrou que “o PP de Cangas incluíu este compromiso no seu programa electoral de 2011 e foi ratificado posteriormente polo SERGAS”

 Santiago de Compostela,  1 de agosto de 2013

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) esixiron “a construción do Centro de Saúde de O Hío-Aldán prometido polo Partido Popular de Cangas no seu programa electoral para as eleccións de 2011” e lembraron que “o SERGAS comprometérase xa a comezar a construción desta infraestrutura”.

O Secretario Xeral das XSG, Aitor Bouza, denunciou que “despois de confirmar a súa construción, agora Feijóo alude a unha suposta austeridade para privar do dereito á sanidade pública aos veciños de Cangas, o que supón un novo retallo ideolóxico do Partido Popular”.

A Organización salientou que “o alcalde preocúpase máis de seguir a doutrina do seu partido que de levar as peticións dos cangueses e canguesas ás institucións pertinentes”. “Os concelleiros do PP non fixeron nada por incluír nos orzamentos do 2013 unha partida para o Centro de Saúde de O Hío-Aldán mentres si se aprobaban dotacións económicas para a construción doutros 15 centros en Galicia”.

O líder das XSG sinalou que “non é suficiente a proposta do Concello de rehabilitar a Casa do Médico”. “A rehabilitación deste espazo é necesaria, xa que forma parte do patrimonio da vila, pero non reúne as condicións axeitadas para albergar un Centro de Saúde moderno e eficiente”.

Bouza concluíu confirmando a presenza das Xuventudes Socialistas de Cangas na manifestación convocada para o sábado ás 20:00h polas Asociacións de Veciños de Vilanova, Donón, Nerga, Pinténs, Vilariño, Igrexario e Liméns que sairá dende o cruceiro de O Hío e rematará en O Viso, onde se atopan os terreos comprados para a construción do Centro de Saúde.

67 persoas solicitaron participar no sorteo que fará o IGVS das 12 vivendas de protección rehabilitadas polo CCVV

  • descarga (7)  A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, entregou hoxe as chaves aos propietarios doutras 3 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo.
  • Estas 3 vivendas son as primeiras que se entregan tras a rebaixa dos seus prezos nunha media de 27.000 euros do seu custo inicial, decisión adoptada polo CCVV para facilitar a chegada de máis familias ao barrio histórico, sendo o aforro máis importante de preto de 40.000 euros.

Vigo, 1 de agosto de 2013-. A delegada territorial da Xunta e presidenta  Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, informou hoxe que foron un total de 67 persoas as que solicitaron poder participar no sorteo das 12 vivendas de protección autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo e que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) realizará o vindeiro 17 de setembro.

Segundo explicou a presidenta do CCVV será o vindeiro martes, día 6, cando se publique a lista provisional de admitidos e excluídos no proceso, que contarán cun prazo de 7 días hábiles para a presentación das reclamacións (ata o 14 de agosto). Unha vez resoltas as alegacións, o IGVS aprobará as listas definitivas de admitidos, que serán debidamente publicadas o 27 de agosto.

 

Os 12 pisos de protección que sorteará o IGVS pertencen as promocións emprazadas nas rúas Ferraría 25-27-29-31 (6 vivendas), Canellón do Estreito, 12 (2 vivendas) e Ferraría 33-35 (4 vivendas). Todos eles contan con rebaixas no seu prezo inicial sendo o desconto máis importante de 44.000 euros e que corresponde a unha vivenda de tres dormitorios da promoción Ferraría 25-27-29-31.

 

Estas declaracións as fixo Bravo Bosch tras a entrega das chaves doutras 3 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) aos seus novos propietarios, logo de formalizar as súas hipotecas e as escrituras de compravenda. Trátase dos primeiros pisos postos no mercado tras a recente decisión do organismo de rebaixar os seus prezos para facilitar á chegada de máis familias ao barrio histórico. Este tipo de vivendas foron adxudicadas de forma directa unha vez superados os prazos legais establecidos.

 

Tras o acto de entrega celebrado este xoves nunha notaría da cidade, a presidenta do organismo agradeceu aos novos propietarios a súa aposta decidida polo Casco Vello coa que forman parte da labor de dinamización do barrio que lidera o organismo –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- dende a súa creación en 2005.

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA MÁIS DE 200 ACCIÓNS DE IMPULSO AO COMERCIO CON 2 MILLÓNS PARA CCAS E PRAZAS DE ABASTOS

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, presentou hoxe as axudas das que se benefician 47 centros comerciais abertos e 23 asociacións dos mercados

Campañas de dinamización, sistemas de fidelización ou melloras en instalacións son algunhas das iniciativas que se impulsan co obxectivo de atraer clientela e estimular as vendas

A iniciativa enmárcase dentro da aposta da Xunta pola mellora competitiva do comercio de proximidade, dentro da cal se levan activado apoios por máis de 8 millóns de euros este ano.

Concello do Porriño

descarga (3)

EL CLUB DEPORTIVO JO-VHEN SPORT SE SUBE DE NUEVO AL PÓDIUM

El alcalde Nelson Santos y el concejal de Deportes M. Alejandro Lorenzo recibieron a este grupo de jóvenes deportistas en reconocimiento a los dos oros, tres platas y un bronce conseguidos en los campeonatos Gallego y de España .

LA BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE TORROSO OFRECE MAÑANA UN CONCIERTO EN PORRIÑO

Será a las 21.00 horas en la Plaza Arquitecto Antonio Palacios

La programación cultural para el mes de agosto presenta también clases de gimnasia y proyección de películas al aire libre