BNG Vigo

descarga (8)  O BNG solidarízase coas traballadoras dos centros cívicos e acusa ao alcalde de crear un problema onde non o hai 

Vigo, 27 de xuño de 2013.-  O concelleiro do BNG, Xabier Alonso, visitou esta mañá o Centro Cívico de Coruxo, onde a súa traballadora e os usuarios do mesmo manteñen un peche en protesta polo despido das empregadas destas instalacións municipais. Deste xeito, o Bloque quere manifestar a súa solidariedade coas traballadoras despedidas tras anos xestionando estes centros municipais.

“O alcalde inventou un problema onde non o había”, salientou Xabier Alonso tras a visita, quen tamén destacou que “é evidente que Caballero non respostou á pregunta feita polo BNG no anterior pleno sobre a situación laboral das traballadoras” dos centros cívicos despois da adxudicación do contrato de xestión.

Precisamente Alonso preguntou no pleno se o goberno local vai garantir a permanencia das traballadoras que levan prestando os seus servizos durante 9 anos. Segundo o concelleiro nacionalista, se usuarios e usuarias demandan a súa continuidade “é porque están contentos coa súa xestión”. “Con esta decisión tírase pola borda a experiencia de anos”, lamentou.

Por outra banda, o edil nacionalista explicou que as novas contratacións de persoal tras o cambio da empresa concesionaria realízanse en peores condicións que as anteriores. “É inadmisible que se precarice o emprego”, criticou.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: