67 persoas solicitaron participar no sorteo que fará o IGVS das 12 vivendas de protección rehabilitadas polo CCVV

  • descarga (7)  A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, entregou hoxe as chaves aos propietarios doutras 3 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo.
  • Estas 3 vivendas son as primeiras que se entregan tras a rebaixa dos seus prezos nunha media de 27.000 euros do seu custo inicial, decisión adoptada polo CCVV para facilitar a chegada de máis familias ao barrio histórico, sendo o aforro máis importante de preto de 40.000 euros.

Vigo, 1 de agosto de 2013-. A delegada territorial da Xunta e presidenta  Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, informou hoxe que foron un total de 67 persoas as que solicitaron poder participar no sorteo das 12 vivendas de protección autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo e que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) realizará o vindeiro 17 de setembro.

Segundo explicou a presidenta do CCVV será o vindeiro martes, día 6, cando se publique a lista provisional de admitidos e excluídos no proceso, que contarán cun prazo de 7 días hábiles para a presentación das reclamacións (ata o 14 de agosto). Unha vez resoltas as alegacións, o IGVS aprobará as listas definitivas de admitidos, que serán debidamente publicadas o 27 de agosto.

 

Os 12 pisos de protección que sorteará o IGVS pertencen as promocións emprazadas nas rúas Ferraría 25-27-29-31 (6 vivendas), Canellón do Estreito, 12 (2 vivendas) e Ferraría 33-35 (4 vivendas). Todos eles contan con rebaixas no seu prezo inicial sendo o desconto máis importante de 44.000 euros e que corresponde a unha vivenda de tres dormitorios da promoción Ferraría 25-27-29-31.

 

Estas declaracións as fixo Bravo Bosch tras a entrega das chaves doutras 3 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) aos seus novos propietarios, logo de formalizar as súas hipotecas e as escrituras de compravenda. Trátase dos primeiros pisos postos no mercado tras a recente decisión do organismo de rebaixar os seus prezos para facilitar á chegada de máis familias ao barrio histórico. Este tipo de vivendas foron adxudicadas de forma directa unha vez superados os prazos legais establecidos.

 

Tras o acto de entrega celebrado este xoves nunha notaría da cidade, a presidenta do organismo agradeceu aos novos propietarios a súa aposta decidida polo Casco Vello coa que forman parte da labor de dinamización do barrio que lidera o organismo –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- dende a súa creación en 2005.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: