A DEPUTACIÓN PRESENTA OS CONCERTOS DA VOLTA A ESPAÑA E INICIA A CONTA ATRÁS PARA O QUE SERÁ O MAIOR E MELLOR ESCAPARATE DAS RÍAS BAIXAS

  • El Sueño de Morfeo actuará o día 16 en O Grove e Nena Daconte porá o broche final o 24 de agosto
  • Louzán incidiu en que se trata dunha programación musical pensada para reforzar o efecto promocional das Rías Baixas que suporá a saída da Volta

A Deputación de Pontevedra puxo en marcha o cronómetro que marca a conta atrás para a saída da Volta Ciclista a España, que suporá, tal e como coincidiron en destacar o presidente da Deputación, Rafael Louzán, a deputada Begoña Estévez e a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, o maior e mellor escaparate das Rías Baixas no mundo enteiro.

Os tres fixeron estas declaracións no acto de presentación dos concertos da Volta, no que tamén participou o director de Unipublic, Javier Guillén.

Trátase dunha programación musical que dará comezo este venres 3 de agosto coa actuación de Julieta Venegas en Cambados, con Eladio y Los Seres Queridos como teloneros, e continuará con El Sueño de Morfeo, que actuarán o 16 de agosto en O Grove.

Nena Daconte pechará o ciclo de concertos o día da saída da Volta, o 24 de agosto, cunha actuación en Sanxenxo que estará precedida da dos galegos Marylan.

Tamén actuarán Roi Casal, o 23 de agosto en Cangas e o 26 en Lalín; e Xoel López e Amancio Prada o día 24 en Salvaterra de Miño.

Efecto promocional

Rafael Louzán subliñou que se trata dunha programación que “vén a completar o labor de promoción das Rías Baixas” que de por si suporá a saída da Volta ciclista desde unha batea en Vilaboa e con catro etapas na provincia.

O presidente da Deputación amosouse convencido do éxito desta nova edición da Volta en Pontevedra e animou a pontevedreses e visitantes a “implicarse” de cheo neste evento, dando novamente un exemplo coa saída masiva á rúa para seguir o paso da serpe multicolor en cada un dos pobos polos que pase.

Neste sentido, anunciou que, novamente, todos os cidadáns terán información detallada e abundante para que poidan facer ese seguimento en directo da Volta. Con ese obxectivo, púxose en marcha hoxe o cronómetro de conta atrás, que estará na web da deputación (www.depo.es) e que levará a todos os que pinchen sobre el ao cronograma do paso da Volta, pero nos próximos días tamén conducirá a numerosa información relativa a este evento, ás distintas etapas na provincia e ás actividades paralelas que se organizan, como os anteditos concertos.

Rafael Louzán fixo fincapé no efecto promocional da Volta e agradeceu a todos os que están participando na organización do evento, e en especial aos alcaldes, o traballo que están a facer e a perfecta coordinación, para non deixar nada á improvisación.

Nesta liña tamén se manifestou, en representación dos rexedores, a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, que agradeceu o esforzo da Deputación para traer á provincia un evento destas características. González amosouse convencida de que “o turismo ten futuro” e se en algún sitio ten un futuro especial “é no norte de España e nas Rías Baixas”.

Asegurou que a provincia de Pontevedra conta con todos os atractivos e elementos necesarios para ser un destino turístico de primeira magnitude “e se algo nos falta son escaparates apropiados. Este (a saída da Volta) é o mellor escaparate que podemos ter para o mundo”.

Algo no que coincidiu Javier Guillé         n ao asegurar que a Volta quere ser ante todo “unha fiestra promocional que amose esta marabillosa terra e os seus escenarios que con tanto mimo coidamos, a nivel internacional”.

Guillén salientou que “grazas á contribución que tivo Galicia na Volta o pasado ano, conseguimos renovar o contrato de retransmisión con TVE por 3 anos máis, unha oportunidade para seguir ensinando España aos españois e ao mundo enteiro”.

Participantes

En resposta a preguntas dos xornalistas, Javier Guillén salientou que está confirmada a participación na Volta de ciclistas do nivel de Purito Rodríguez, Alejandro Valverde, Samuel Sánchez, Philippe Gilbert ou Fabián Cacheda, entre outros.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: