As Xuventudes Socialistas de Galicia esixen a construción do Centro de Saúde de O Hío-Aldán en Cangas

Os mozos e mozas socialistas participarán na manifestación convocada por diferentes asociacións canguesas prevista para o sábado 3 de agosto ás 20:00h                                                                                                     

O secretario xeral, Aitor Bouza, lembrou que “o PP de Cangas incluíu este compromiso no seu programa electoral de 2011 e foi ratificado posteriormente polo SERGAS”

 Santiago de Compostela,  1 de agosto de 2013

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) esixiron “a construción do Centro de Saúde de O Hío-Aldán prometido polo Partido Popular de Cangas no seu programa electoral para as eleccións de 2011” e lembraron que “o SERGAS comprometérase xa a comezar a construción desta infraestrutura”.

O Secretario Xeral das XSG, Aitor Bouza, denunciou que “despois de confirmar a súa construción, agora Feijóo alude a unha suposta austeridade para privar do dereito á sanidade pública aos veciños de Cangas, o que supón un novo retallo ideolóxico do Partido Popular”.

A Organización salientou que “o alcalde preocúpase máis de seguir a doutrina do seu partido que de levar as peticións dos cangueses e canguesas ás institucións pertinentes”. “Os concelleiros do PP non fixeron nada por incluír nos orzamentos do 2013 unha partida para o Centro de Saúde de O Hío-Aldán mentres si se aprobaban dotacións económicas para a construción doutros 15 centros en Galicia”.

O líder das XSG sinalou que “non é suficiente a proposta do Concello de rehabilitar a Casa do Médico”. “A rehabilitación deste espazo é necesaria, xa que forma parte do patrimonio da vila, pero non reúne as condicións axeitadas para albergar un Centro de Saúde moderno e eficiente”.

Bouza concluíu confirmando a presenza das Xuventudes Socialistas de Cangas na manifestación convocada para o sábado ás 20:00h polas Asociacións de Veciños de Vilanova, Donón, Nerga, Pinténs, Vilariño, Igrexario e Liméns que sairá dende o cruceiro de O Hío e rematará en O Viso, onde se atopan os terreos comprados para a construción do Centro de Saúde.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: