Nova Esquerda Galega fai un chamamento a toda a cidadanía galega para a unidade de acción contra Rajoy e Feijoo.

Nova Esquerda Galega (NEG) fai un chamamento ás organizacións sociais e políticas da esquerda, aos movementos sociais e ás asociacións veciñais e cidadás para organizar unha gran manifestación en Vigo a principios de setembro para esixir a dimisión dos gobernos de Rajoy e Feijoo.

Para construírmos unha alternativa ao goberno de Rajoy, Nova Esquerda Galega chama a participar nas mobilizacións convocadas a raíz do caso Bárcenas, como as que terán lugar nos vindeiros días en todas as sedes do PP de Galicia, e instamos á esquerda parlamentaria e extra-parlamentaria a apoiar e impulsar iniciativas máis aló das presentadas no Congreso español.

O “caso Bárcenas” converteuse no “caso Partido Popular”: parece que o escándalo afecta a amplos sectores da cúpula do partido gobernante.Lonxe de ser unha anécdota ou un individuo illado, a corrupción impregna toda a política do Réxime, converténdose nunha práctica común, na forma habitual de facer as cousas, sinalamos desde Nova Esquerda Galega (NEG).

Para Nova Esquerda Galega, a corrupción combinada con austeridade, recortes e axudas á banca: as receitas do goberno Rajoy,enmárcanse dentro dos plans do capital de aproveitar a crise para aumentar os seus beneficios a costa do benestar da clase traballadora. Por outra banda o “caso Bárcenas” tamén revela as dificultades que ten a dereita para manterse “unida” nun momento onde a lexitimidade do Réxime do 78 e os consensos da transición entran en crise.

Ante esta situación é necesario que a esquerda consecuente se sitúe como alternativa fronte ao réxime e non só contra o goberno do PP. A alternativa ofrecida polo PSOE, á final de contas, é intentar apartar á “mazá podrecida” para salvar o cesto. Trátase de ir máis aló e contrapoñer unha alternativa crible a un modelo político-económico que condena á miseria, ao paro e a precariedade á maioría social traballadora.

 

Neste sentido, Nova Esquerda Galega fai un chamamento explícito a ANOVA, Esquerda Unida e BNG para que actúen dun xeito inequívoco fronte este réxime podre e agónico e cara á creba democrática e a rebelión cívica.

 

Porque a caída do goberno Rajoy non debe producirse tan só a través de escándalos xudiciais. Ten que ser derribado na rúa, desde abaixo, para que a súa caída se converta no preludio da construción dunha alternativa política que rompa coas políticas da Troika, a austeridade e os recortes, abrindo o camiño cara a autodeterminación de Galicia y tamén cara a apertura de novos procesos constituíntes que xeren outro modelo político, acorde cos intereses do pobo traballador.

 

A esquerda transformadora ten que conquistar a confianza do 99%. Fronte á apatía, o cinismo e a resignación, temos que deixar claro que somos completamente distintos á casta política que utiliza os bens públicos para o seu beneficio e o dos seus amigos capitalistas. A desprofesionalización da política no campo da esquerda, a democratización das organizacións, a ruptura de alianzas con sectores sumidos na corrupción sistémica como o PSOE ou elementos da burocracia sindical son precondicións para erguer esta alternativa, sinalamos desde Nova Esquerda Galega.

 

Por iso, para construírmos unha alternativa ao goberno de Rajoy, Nova Esquerda Galega chama a participar nas futuras mobilizacións que se convoquen en Galicia por mor do caso Bárcenas, como as que teñan lugar, no futuro, fronte ás sedes do PP, e instamos á esquerda parlamentaria galega (ANOVA, IU e BNG) a apoiar e impulsar iniciativas máis aló das presentadas no Congreso, para xerar unha dinámica onde as protagonistas sexan as clases populares e non os políticos e a clase capitalista.

 

Para rematar facemos un chamamento ás organizacións sociais e políticas da esquerda, aos movementos sociais e veciñais, e ás asembleas do 15-M de toda Galicia para organizar unha gran manifestación en Santiago de Compostela a principios de setembro para esixir a dimisión do Goberno.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: