Archive | agosto 3, 2013

O INFORME DO INTERVENTOR CORROBORA QUE O ACTUAL GOBERNO DE ARBO MENTIU E É O MÁXIMO CULPABLE DA MULTA POLO IMPAGO DO CANON DE SANEAMENTO

O Partido Popular xa denunciara o que se manifesta neste informe no que se expón que o correspondente a 2008 fora recadado en febreiro de 2011, tendo que ser ingresado en xullo dese mesmo ano cando xa gobernaba o Bipartito

  • O actual Goberno local recadou, no segundo semestre de 2011, o correspondente ao exercicio de 2009 pero non o ingresou no prazo legalmente establecido

 Arbo, 2 de agosto de 2013.-  O Partido Popular de Arbo asegura que o informe do interventor, que se presentou no último pleno, vén a corroborar o xa manifestado fai uns meses polos populares respecto da responsabilidade do actual Goberno local na imposición da multa económica interposta por Augas de Galicia ao Concello por impago do canon de saneamento dos anos 2007, 2008 e 2009.

Horacio Gil, voceiro do PP local, explica que o informe do interventor expón literalmente que “con respecto ao exercicio 2008 a recadación fíxose en febreiro de 2011 e a liquidación deberíase ter feito en xullo dese mesmo ano, pago que non se realizou”, por aquel entón o Bipartito xa estaba ao fronte do Goberno local, polo que é este o máximo responsable, así como tamén o é da multa imposta polo impago do canon de 2009, “cuxas cantidades foron recadadas no segundo semestre do ano 2011 e ingresáronse a Augas de Galicia en febreiro de 2012, incumprindo por 15 días o prazo legalmente establecido”. Todo isto vén a corroborar o xa denunciado polo PP, “o alcalde minte descaradamente porque este informe admite que en xullo de 2011 tiñan que ter ingresado o recadado en febreiro dese mesmo ano polo Goberno do PP correspondente ao exercicio 2008 e non o fixeron; logo, ademais, o canon de 2009 recadárono eles mesmos, a finais de 2011, e ingresárono fóra de prazo, polo que é o alcalde e o seu equipo de Goberno o máximo responsable da sanción económica imposta por Augas de Galicia”. Con todo, dende o PP lembran que en todos os anos anteriores, nos que gobernaron os populares, nunca se recibiu ningunha multa desta índole, “porque sempre soubemos realizar unha xestión eficiente e eficaz, e neste caso o que se facía era negociar para poder realizar os pagos de xeito fraccionado”, subliña Gil.

O PP volve manifestar o seu malestar e indignación antes as declaracións tendenciosas e mal intencionadas do alcalde polo que respecta á recadación do canon de saneamento. Os populares sosteñen que a día de hoxe “o Concello está sumido nun gran caos organizativo” e que o único que busca o alcalde “é a polémica para esconder a incapacidade de xestión deste Bipartito e o malestar xerado entre os veciños polo castigo aos que están sometidos ante a importante suba de taxas e o gran recorte de servizos”.

Por último, o PP pregúntanse se despois do ditaminado no informe do interventor o alcalde continúa coa idea de demandar responsabilidades xurídicas aos anteriores xestores da Administración local como así o manifestara nos medios de comunicación.

O OBRADOIRO PEQUE CHEF ACHEGA AOS MÁIS CATIVOS EN MOAÑA A CALIDADE DOS PRODUTOS DAS PRAZAS DE ABASTOS

cocinero A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, entregou os diplomas aos rapaces que participaron nos talleres de cociña organizados pola Federación Galega de Prazas de Abastos

 Salienta a estratexia da Xunta por consolidar as prazas de abastos como unha rede de centros líderes na venda do produto fresco e de calidade

Moaña (Pontevedra), 2 de agosto de 2013.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, entregou este mediodía en Moaña os diplomas aos rapaces que participaron na localidade nos obradoiros de cociña Peque-Chef, desenvolvidos pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia.

Tal e como asegurou Vázquez Abeal, o apoio aos mercados e ás prazas de abastos é un dos obxectivos estratéxicos do Goberno Galego na procura da reactivación do comercio de proximidade como elemento dinamizador das vilas e cidades galegas. Neste sentido, a Consellería de Economía e Industria destina este ano 4,5 millóns de euros para apoiar aos concellos galegos no desenvolvemento de actuacións encamiñadas tanto á potenciación das prazas de abastos como á adecuación e modernización das rúas e zonas comerciais dos concellos. Ademais, veñen de resolverse axudas por preto de 2 millóns de euros coas que as asociacións das prazas de abastos e os centros comerciais abertos desenvolverán máis de 200 actuacións de dinamización e promoción das vendas.

A directora xeral de Comercio salientou que a iniciativa Peque-Chef supón un paso moi importante na tarefa de achegar a actividade das prazas e mercados aos mais novos, ao tempo que contribúe a avanzar na estratexia da Xunta de consolidar as prazas de abastos como unha rede de centros líderes na venda do produto fresco e de calidade, capacitadas para levar a cabo unha venda moderna con servizos, diversidade e excelencia.

Esta actividade consiste na realización de talleres de cociña, dirixidas a nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, cun mestre cociñeiro que lles achega formación sobre como elaborar os produtos, lles mostra hábitos saudables na alimentación, e lles informa das propiedades beneficiosas que conteñen os alimentos incluídos na súa dieta cotiá. Os talleres dos Peque-Cheff estanse a desenvolver por todos os mercados da Federación de Prazas de Abastos de Galicia.

El Grupo Brétema se solidariza con las víctimas del accidente de ferrocarril en Angrois, Santiago de Compostela.

El Grupo Brétema se solidariza con las víctimas del accidente de ferrocarril en Angrois, Santiago de Compostela.

 

 descarga (9)

El Grupo Poético Brétema de Vigo, encontrándose de vacaciones, su Junta Directiva en reunión extraordinaria, acuerdan en nombre de toda la Asamblea solidarizarse con las víctimas del accidente del pasado día 24 de Julio en Angrois, Santiago de Compostela.

Todos y cada uno de los poetas miembros del Grupo Brétema, desea enviarles un mensaje de cariño y apoyo a todos los familiares de las personas fallecidas en este tremendo accidente, deseándoles tengan la fortaleza suficiente para sobrellevar estos momentos cruciales, duros  y muy dolorosos.

A todas las victimas una sentida oración por su alma. Asimismo a todos aquellos que todavía están heridos, una rápida recuperación y fuerza para sobrellevar las secuelas y los recuerdos de un día fatídico. A las familias y amigos que han sabido estar y están ahí, sobrellevando el dolor y la angustia sin perder la serenidad.

A los vecinos de Angrois, por su humanidad, por su trabajo denodado por salvar vidas, sin pensar en las suyas, a esos vecinos que han demostrado con ello, que todavía hay humanidad y principios en esta sociedad donde algunos creen que tan solo existe materialismo.

A los voluntarios, a las fuerzas de seguridad, a la policía Local, a la Guardia Civil, Bomberos, a Protección Civil, a los médicos, enfermeras, auxiliares, forenses, psicólogos y un largo etc. En definitiva a todos aquellos que anónimamente en esos trágicos momentos han estado ahí pensando tan solo en ser útil.

Desde el Grupo Poético Brétema de Vigo a todos los nombrados y posiblemente algunos olvidados. Gracias una y mil veces. Gracias.