Nos vamos de vacaciones!!!
Pueden seguirnos en agosto en Facebook
https://www.facebook.com/vgomagazine.martha
- vgomagazine.martha@facebook.com
A DEPUTACIÓN DESTINA 15 MILLÓNS DE EUROS A UN NOVO PLAN DE INVESTIMENTOS PARA OS CONCELLOS DA PROVINCIA
- Permitirá a creación e mantemento duns 1.000 postos de traballo directos e agárdase sacar a concurso uns 300 proxectos
- Os proxectos que se presenten terán que ser, obrigatoriamente, para infraestruturas básicas e prioritarias
- Co obxectivo de axudarlles a manter o equilibrio financieiro, os concellos poderán destinar ata un 30% da cantidade que lle corresponda a amortización ou pagamento de débedas e a gasto corrente
Os concellos da provincia disporán de 15 millóns de euros para investimentos, ao abeiro do novo plan posto en marcha pola Deputación Provincial e ao que poderán acollerse os municipios de entre 1.000 e 50.000 habitantes. Leer más…
EL CONCELLO DE PORRIÑO HOMENAJEA A LA VECINA CELSA FERNÁNDEZ BUGARÍN “POR SU LUCHA EN DEFENSA DEL PATRIMONIO MUNICIPAL”
El acto se celebró enmarcado en el Campeonato Gallego de F3M organizado por el Club Furaventos en la pista de aeromodelismo de Pontellas, lugar con el que se siente muy identificada esta abuela de 82 años
O Porriño, 5 de agosto de 2013.- El alcalde del Concello de Porriño Nelson Santos hizo entrega ayer de un obsequio conmemorativo a Celsa Fernández Bugarín, vecina de Pontellas, “por su lucha en defensa del patrimonio municipal”, como así indicaba en la placa de la figura, consistente en una réplica de cristal de la Casa Consistorial, obra del arquitecto Antonio Palacios, sobre una base de piedra Rosa Porriño. El acto se desarrolló enmarcado en la celebración del Campeonato Gallego de F3M 2013 que tuvo lugar este fin de semana en la pista de aeromodelismo de Pontellas organizado por el Club Furaventos. Leer más…
OS 22 ALUMNOS E ALUMNAS DO OOEE CAPACITA MOAÑA II ACTUARÁN NA RESTAURACIÓN DE 4 MUÍÑOS NO ENTORNO DO RÍO INFERNO, EN MOAÑA
- A Consellería de Traballo e Benestar ven de aprobar a concesión deste Obradoiro de Emprego ao concello moañés cun investimento de case 200.000 euros para beneficiar a 22 persoas desempregadas.
- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, xunto ao alcalde do municipio, José Fervenza, coñeceu hoxe unha das zonas onde actuarán os alumnos e alumnas do Obradoiro.
- Bravo Bosch visitou tamén o Padroado Municipal Beiramar, onde un total de 90 alumnos e alumnas se están a formar a través de 6 cursos AFD (Accións Formativas para Desempregados)
- En total, a Xunta de Galicia inviste este ano no Concello de Moaña para estas políticas de formación e emprego máis de 500.000 euros para formar a 140 persoas. Leer más…
BNG Vigo
O pleno aproba o documento do Bloque para potenciar o aeroporto de Peinador
Vigo, 5 de agosto de 2013.- O BNG acadou o respaldo do pleno, cos votos a favor do PSOE e a abstención do PP, para aprobar a emenda presentada ao documento do goberno local sobre o aeroporto de Peinador. Entre outros aspectos, a proposta nacionalista insta ás diferentes administracións implicadas, Deputación, Xunta e goberno do Estado, a asumir as súas competencias e a que a Xunta garanta o trato igualitario dos tres aeroportos galegos, atendendo a cada un deles segundo as súas necesidades.
O BNG acada o respaldo para que o goberno local presente un plan anual de publicidade e comunicación
Vigo, 5 de agosto de 2013.- A moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego que insta ao goberno local a presentar un plan anual de publicidade e comunicación resultou aprobada co apoio do PP e a abstención do PSOE. Na defensa da proposta, a portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, defendeu que nos momentos actuais é preciso “estar á altura” e que os recursos públicos se utilicen “para priorizar os servizos sociais”.
O BNG pregunta cal é o estado de execución da partida dedicada ao Centro Galego de Fotografía
Vigo, 5 de agosto de 2013.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, preguntou por escrito ao goberno local cal é o estado de execución da partida dedicada ao Centro Galego de Fotografía, incluida nos orzamentos municipais de 2013 grazas a unha emenda nacionalista. Segundo o goberno local a segunda fase da execución do proxecto será aprobado en xunta de goberno.
Asemade, Iolanda Veloso, facéndose eco de irregularidades detectadas nas licenzas de taxi por unha asociación sindical de condutores asalariados do taxi de Vigo fíxonos chegar, preguntou se realizara algunha averiguación sobre o estado destas licenzas e se tomou algunha medida ao respecto. Ao respecto, o goberno local sinalou que despois de estudar a documentación correspondente estanse realizando comprobacións nas propias paradas.
O BNG rexeita a proposta de amortización de débeda aprobada por PSOE e PP
Vigo, 5 de agosto de 2013.- No pleno da corporación, o Bloque Nacionalista Galego votou en contra da amortización de débeda proposta polo goberno local, e aprobada por PSOE e PP, ao considerar que esta medida só ten como obxectivo “dar liquidez aos bancos”, segundo destacou na súa intervención a portavoz municipal nacionalista Iolanda Veloso.
“Estamos radicalmente en contra destas medidas postas en marcha polo PP que pretenden que lle deamos liquidez aos bancos”, subliñou a voceira do BNG, quen criticou que estas medidas “obrigan a priorizar o negocio dos bancos fronte os servizos á cidadanía”.
Iolanda Veloso destacou que o Bloque reclama a modificación da lexislación de xeito que se permita utilizar os cartos municipais para prestar os servizos que necesitan os cidadáns e cidadás. “Non podemos utilizar os nosos cartos para dar servizos e nós iso non o imos apoiar nunca”, asegurou.
Máis de 240 mozos benefícianse dos programas de fomento da música clásica da Fundación Novacaixagalicia
A Fundación Novacaixagalicia acaba de achegar un balance con respecto aos seus programas de fomento da música clásica neste primeiro semestre 2013 en que se desprende unha boa resposta do público máis novo a estas iniciativas. O programa «Quedamos no palco, quedamos coa clásica», que procura inculcar o gusto pola música clásica aos máis novos, achegou aos seis concertos desta tempada a máis de 240 rapaces de ESO e de Bacharelato procedentes dunha ducia de centros das zonas de Pontevedra e Vigo, urbes nas que se desenvolven os programas de música clásica da Fundación Galega.
CIG- Povisa
Povisa no edificio da Xunta de Vigo
As traballadoras demandan ser recibidas por Beatriz Mato ou algunha outra responsábel da consellaría de sanidade sen veren atendida a súa demanda. Boa parte das.manifestantes abandonaron xa o edificio ante a.ameaza de desaloxo policial. Dentro quedan rodeadas por un dispositivo membros do comité,que foron identificadas, así como outras persoas que se atopaban no interior. A ameaza de despexo continúa.
A policía pon fin ao peche de POVISA no edificio da Xunta en Vigo
A policía desaloxou o peche que traballadoras/es do hospital privado POVISA mantiñan desde as 11 da mañá no edificio da Xunta en Vigo. Fronte as demandas de seren ouvidas pola delegada autonómica en Vigo, Bravo Bosch, ou por outra persoa da administración, denuncian o «desproporcionado operativo policial» que as rodeou nas instalacións, realizando identificacións -que poderían dar lugar a sancións- e finalmente despexando o predio ás 13:30 horas. No entanto, a loita contra a imposición do convenio provincial, que recorta até un 40% as condicións salariais, segue o seu camiño, e dará lugar este xoves 8 de agosto ás 10:30h da mañá a unha nova xornada de protestos que partirá desde a farola de Príncipe.
LOUZÁN ANUNCIA UN NOVO INVESTIMENTO DA DEPUTACIÓN DE 700.000 € PARA OBRAS DE MELLORA DO COMPLEXO DE SANTA MARIÑA, EN REDONDELA
- Nestes momentos está a piques de finalizar o acondicionamento dos dous campos de fútbol
- Corrixíronse as deficiencias que rexistraban e dotouse o terreo de xogo de céspede artificial
- O novo investimento incluirá a creación de bancadas cubertas para preto de mil persoas
A reforma do complexo deportivo de Santa Mariña de Redondela, onde xoga o recentemente ascendido Club Deportivo Choco, suporá un investimento de máis de 1.400.000 euros. Así se desprende do anuncio realizado esta tarde polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, que visitou o campo para comprobar os traballos que se están realizando e dar conta dunha nova actuación na que a Deputación investirá outros 700.000 euros.
Os traballos realizados ata o de agora contaron cun orzamento que rondou tamén os 700.000 euros e que foron achegados pola Deputación e o Concello. Estes traballos incluíron a ampliación e acondicionamento dos dous terreos de xogo e a dotación de céspede artificial de última xeración (nestes momentos xa instalado no campo principal e que proximamente se instalará no secundario).
Así mesmo, entre outras actuacións, procedeuse a solucionar os problemas que presentaban os campos, corrixindo as pendentes que provocaban acumulación de auga e, en consecuencia, impedían o correcto mantemento do céspede.
1.000 espectadores
Unha vez realizadas estas obras, a Deputación, segundo anunciou hoxe Rafael Louzán, procederá á licitación dos traballos de dotación de novos equipamentos e mellora dos existentes.
Así, está previsto que se constrúa unha nova edificación que constará dunha grada cuberta con capacidade para preto de 600 espectadores, vestiarios, locais polivalentes, aseos e botiquín debaixo das bancadas; aos que hai que sumar preto de 200 prazas máis de gradas cubertas para a pista de tenis.
A iso sumarase un edificio novo nos límites da parcela para control e acceso ás instalación, o peche da parcela onde sexa preciso, e 2 gradarías descubertas para dar servizo ao campo de fútbol secundario.