A DEPUTACIÓN DESTINA 15 MILLÓNS DE EUROS A UN NOVO PLAN DE INVESTIMENTOS PARA OS CONCELLOS DA PROVINCIA

  • Permitirá a creación e mantemento duns 1.000 postos de traballo directos e agárdase sacar a concurso uns 300 proxectos
  • Os proxectos que se presenten terán que ser, obrigatoriamente, para infraestruturas básicas e prioritarias
  • Co obxectivo de axudarlles a manter o equilibrio financieiro, os concellos poderán destinar ata un 30% da cantidade que lle corresponda a amortización ou pagamento de débedas e a gasto corrente

Os concellos da provincia disporán de 15 millóns de euros para investimentos, ao abeiro do novo plan posto en marcha pola Deputación Provincial e ao que poderán acollerse os municipios de entre 1.000 e 50.000 habitantes.

Así o anunciou esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzán, nunha rolda de prensa na que salientou que se trata dunha medida coa que se pretende seguir dando apoio aos concellos e facilitándolles a execución de proxectos e a prestación de servizos prioritarios que sen a axuda da Deputación non poderían realizar.

É, en palabras de Louzán, “un plan de rescate inversor para os concellos”, dado que se busca que as entidade locais poidan seguir creando e mellorando infraestruturas prioritarias para os que neste momento non dispoñen da suficiente dispoñibilidade económica.

Criterios de selección

A cada un dos 59 concellos beneficiarios deste plan concederáselle unha achega mínima de 100.000 euros e, o resto do orzamento, distribuirase en función de criterios de poboacion e territorio.

Os concellos poderán presentar a este plan proxectos de importe igual ou superior a 20.000 euros e sempre que estean relacionados cos servicios obrigatorios que deben prestar as entidades locais e en ningún caso se financiarán obras ou servizos que non resulten básicos.

Malia todo, no caso de que algún concello presente un proxecto de actuación que non resulta prioritaria ou non responde a servizos básicos, non perderá o investimento senón que terá a ocasión de presentar proxectos alternativos que si cumpran cos requisitos.

Neste sentido, Louzán incidiu en que o obxectivo é que nestes momentos de dificultade “se busca garantir que se atenden os servizos e infraestruturas necesarias”, e as secundarias se deixan para mellor momento. Malia todo, Louzán incidiu en que a experiencia demostra que os concellos están tendo unha actitude moi responsable e acuden a estes plans con propostas que si resultan prioritarias.

Equilibrio financeiro

Tal e como indicou o titular da Administración Provincial, un ano máis permitirase que os concellos destinen ata un 30% da cantidade concedida a amortización de débeda, pagamento a acredores ou gastos correntes (luz, auga, electricidade, recollida de residuos), co obxectivo de axudarlles a manter o equilibrio financeiro.

Non obstante, amosouse confiado en que non sexan moitos os que acudan a esta vía, dado que xa se puxo en marcha no anterior plan e, a maiores, existen dous programas do Goberno central que tamén se activaron para o pagamento de débedas e a provedores.

Cubrir necesidades

Con este novo plan, a Deputación pretende completar a cobertura das necesidades e demandas dos concellos. Así, lembrou que nestes momentos hai 780 traballadores distribuídos entre os concellos da provincia que están desenvolvendo labores fundamentais e que, unha vez que estes rematen o seu contrato, entrarán a traballar outros tanto tamén contratados pola Administración autonómica, de forma que “entre estes traballadores e o novo plan de investimentos” os concellos poidan dar resposta ás necesidades dos veciños e veciñas dos seus municipios.

A maiores, Louzán destacou que se agarda que estes 15 millóns de euros permitan a creación e mantemento de  1.000  postos de traballo, así como dar carga de traballo a empresas dun dos sectores máis castigados pola crise, como é o da construción, dado que se agarda que saian a concurso uns 300 proxectos.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: