A CIG de Vigo chama á patronal a tomar boa nota da sentencia sobre o convenio de POVISA e cese no seu bloqueo á negociación colectiva

A CIG de Vigo chama á patronal a tomar boa nota da sentencia sobre o convenio de POVISA e cese no seu bloqueo á negociación colectiva

Vigo, 02/09/2013.- A Unión Comarcal da CIG de Vigo expresa a súa total satisfacción perante a decisión do Xulgado do Social número de 5 de estimar a primeira das demandas sindicais que se presentaron contra a decisión da dirección de POVISA de facer decaer o seu convenio propio. A Xustiza obriga á empresa a suspender a aplicación do convenio provincial, que supuña para o plantel da emrpesa unha importante perda de dereitos laborais e un 40% de redución salarial.

Desta maneira recoñécese a ultravixencia do convenio de empresa, que foi denunciado a finais de setembro de 2011, e que non foi inda anovado pola deliberada actitude de bloqueo practicada pola empresa.

Esta resolución vén a demostrar que a reforma da negociación colectiva coa que o Partido Popular, nunha actitude de clara complicidade coa patronal, quixo dinamitar o marco de negociación dos convenios supuña unha clara agresión contra os dereitos da clase traballadora, tal e como sempre denunciou a CIG.

Asemade, senta un precedente e abre un camiño que podería permitir frear pola vía xudicial o pretenso do empresariado de deixar sen efecto os convenios en vigor, ou de optar por un de ámbito superior con peores condicións para os e as traballadoras.

Porén, desde a CIG chaman á clase traballadora a insistir no vieiro da mobilización e o conflito, da organización e a loita, como están a facer os e as empregadas de POVISA, a quen a central sindical nacionalista seguirá a ofrecer de maneira activa o seu total apoio.

Como primeira forza sindical en afiliación e número de representantes sindicais da nosa bisbarra, a CIG chama á patronal a que tome boa nota da resolución xudicial sobre o convenio de POVISA exixíndolle que poña fin dunha vez ao bloqueo da negociación colectiva.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: