Compromiso por Galicia de Vigo- información do noso posicionamento sobre a situación do “Programa Sereos” de atención aos drogodependentes en Vigo.

Compromiso por Galicia critica a política social realizada por Abel Caballero en relación co cambio de ubicación do programa Sereos, móstrase en contra da decisión de levar ese programa social directamente na beirarrúa dunha zona industrial da cidade e oponse a que este servizo sexa realizado no albergue de Marqués de Valterra.

Henrique Macías, responsable local de CxG, sinalou que “a decisión tomada de pechar o local da rúa da Elduayen, onde se ofrecían determinados servizos a una poboación con problemas de drogodependencia, para ser atendidos directamente nunha beirarrúa da rúa Jacinto Benavente non é a política social que debería ser exemplo dun goberno que di chamarse progresista”.

CxG denuncia que non se poden ofrecer na rúa os servizos axeitados para a problemática particular desa poboación,  e máis ainda cando estamos a piques de entrar no outono-inverno coa segura presenza do frio e a choiva. Henrique Macías indicou que “non estamos no Terceiro Mundo e as persoas con problemas de drogodependencia merecen una atención social digna”.

En relación coa proposta de centrar esta atención social no albergue da rúa Marqués de Valterra,  CxG oponse a esta alternativa xa que, tal como indican os técnicos coñecedores destas problemáticas, non é unha boa solución xuntar nun mesmo centro a usuarios de problemáticas distintas, coincidencia que pode levar a situacións conflictivas e a menoscabar as posibilidades de recuperación social de parte dos usuarios do albergue que son alleos ás problemáticas de adicción dos usuarios do programa de Sereos.

A esta situación sinalada polos técnicos hai que engadir a ubicación do albergue de Marqués de Valterra enfronte do Colexio público Ramón y Cajal, localización que levaría á coincidencia, en determinados momentos do día, de usuarios con problemáticas de drogodependencia  e  alcoholismo, facendo tempo diante do albergue, con escolares do citado centro na entrada o saída das clases, situación que tería que evitarse polo conflicto social que pode conlevar.

Ante a problemática da localización CxG entende que o local alternativo debería situarse fora do Casco Vello para evitar a concentración excesiva de locais de servizos sociais, e así evitar a creación de ghetos e conflictos veciñais.

Compromiso por Galicia demanda ao Concello de Vigo que atenda os servizos que ofrecía o programa Sereos nun local digno, tanto en espazo para a atención dos seus usuarios como en ubicación, que sexa complementario a outros servizos sociais, facilite o tratamento e a atención individualizada e non cree ningún conflicto veciñal ou social.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: