INFORMACIÓN ACTUALIZADA ÁS 9:30 HORAS SOBRE OS INCENDIOS FORESTAIS QUE SUPERAN AS 20 HECTÁREAS NA COMUNIDADE GALEGA

fuego Permanecen controlados o lume de Boiro, parroquia de Macenda, que tamén afecta ao concello de Lousame, parroquia de Tállara; o de Navia de Suarna, parroquia de Rao; o de Monterrei, parroquia homónima, e o de Pontecaldelas, parroquia da Ínsua
 Extinguido o incendio do municipio pontevedrés de Oia, parroquia de Burgueira, cunha superficie estimada provisional de 1.824 hectáreas

Santiago, 2 de setembro de 2013.- A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da situación actual dos incendios forestais rexistrados nos concellos coruñeses de Boiro e Lousame, no lucense de Navia de Suarna, no ourensán de Monterrei e nos pontevedreses de Oia-O Rosal e Pontecaldelas.

CONTROLADOS

• Provincia da Coruña

O lume rexistrado no concello coruñés de Boiro, parroquia de Macenda, que tamén afecta ao concello de Lousame, parroquia de Tállara, permanece controlado dende as 13:10 horas do sábado 31 de agosto. Comezou ás 16:15 horas do xoves e a superficie afectada -segundo estimacións provisionais que se confirmarán tralo parametrizado- é de 450 hectáreas de monte arborado. Nos traballos de extinción levan participado 3 técnicos, 33 axentes forestais, 72 brigadas, 30 motobombas, 5 palas, 9 helicópteros e 10 avións. Tamén traballaron na zona efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

• Provincia de Lugo

Tamén segue controlado dende as 21:01 horas do sábado o incendio do concello lucense de Navia de Suarna, parroquia de Rao, cunha superficie afectada –segundo últimas estimacións provisionais -que se confirmarán tralo parametrizado– de 280 hectáreas, das cales 180 son de superficie rasa e 100 de arborada. O lume comezou ás 18:59 horas do xoves e na súa extinción levan traballado 2 técnicos, 24 axentes forestais, 78 brigadas, 24 motobombas, 3 palas, 5 helicópteros e 7 avións.

• Provincia de Ourense

No concello ourensán de Monterrei, parroquia homónima, permanece controlado dende á 1:15 hora desta madrugada un lume que se iniciou onte ás 18:08 horas da tarde. Segundo as estimacións provisionais, a superficie afectada é de 26 hectáreas de monte raso. Nas labores de extinción traballan 1 técnico, 4 axentes forestais, 14 brigadas, 5 motobombas, 2 palas, 6 helicópteros e 12 avións.

• Provincia de Pontevedra

O lume que se rexistrou onte ás 21:18 horas da noite no municipio pontevedrés de Pontecaldelas, parroquia da Ínsua, permanece controlado dende as 5:45 horas desta madrugada. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de arredor de 20 hectáreas. Nos traballos de extinción participan 5 axentes forestais, 11 brigadas, 8 motobombas e 1 pala.

EXTINGUIDO

O incendio forestal iniciado ás 18:45 horas do luns, 26 de agosto, no concello pontevedrés de Oia, parroquia de Burgueira, que afectou tamén ao concello do Rosal quedou extinguido ás 20:50 horas da tarde de onte, domingo. As estimacións provisionais -ata o seu parametrizado- sitúan a superficie afectada en 1.824 hectáreas, das cales 1.491 son arboradas e 333 rasas. Nos traballos de extinción participaron 4 técnicos, 40 axentes forestais, 85 brigadas, 65 motobombas, 13 palas, 13 helicópteros e 7 avións. Tamén traballaron na zona efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Entre os medios aéreos e terrestres que traballan na extinción destes lumes atópanse os municipais, autonómicos e estatais, coordinados baixo o mando único da Xunta de Galicia.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Tamén a conta de twitter @incendios085 dedicada exclusivamente a ir actualizando a información sobre incendios.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: