INFORMACIÓN ACTUALIZADA ÁS 9:30 HORAS SOBRE OS INCENDIOS FORESTAIS QUE SUPERAN AS 20 HECTÁREAS NA COMUNIDADE GALEGA

  • Activos os incendios rexistrados nos municipios de Pontecaldelas (onde está decretado o Nivel 1), A Fonsagrada e Toén
  • Controlados os lumes de Mazaricos, Boiro-Lousame, Cualedro, Castrelo de Miño e A Mezquita
  • Extinguidos os incendios de Laxe, parroquia de Nande; Palas de Rei, parroquia de Orosa; Padrenda, parroquia de Monte Redondo, e Manzaneda, parroquia de Cesuris 

 

Santiago, 4 de setembro de 2013.- A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da situación actual dos incendios forestais que superan as 20 hectáreas na Comunidade galega.

 ACTIVOS

  • Provincia de Pontevedra:

Permanece activo dende as 20:25 horas de onte un incendio no concello de Pontecaldelas, parroquia de Castro Barbudo. Debido á proximidade do lume ao núcleo de Barbudo, a Xunta decretou ás 21:40 horas o Nivel 1 como medida preventiva. Segundo as estimacións provisionais, a superficie afectada está arredor das 250 hectáreas. No control deste lume traballan 12 axentes forestais, 34 brigadas, 19 motobombas, 4 palas, 1 helicóptero e 3 avións.

  • Provincia de Lugo:

Activo dende as 00:50 horas desta madrugada un lume no concello da Fonsagrada, parroquia de Vieiro. Segundo as estimacións provisionais afecta a unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Nas tarefas de control traballan 1 técnico, 1 axentes forestal, 12 brigadas, 7 motobombas, 2 palas e 1 helicóptero.

  • Provincia de Ourense:

Activo dende as 4:25 horas desta madrugada un incendio no concello de Toén, parroquia de Puga. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada está arredor de 20 hectáreas. Nas tarefas de control participan 1 axente forestal, 9 brigadas, 6 motobombas e 1 pala.

CONTROLADOS

Provincia da Coruña:

Dende as 21:05 horas de onte permanece controlado o incendio no concello de Mazaricos, parroquia de Arcos, tras iniciarse onte ás 11:46 horas. Segundo as estimacións provisionais -que se confirmarán tralo parametrizado- afecta a unha superficie de 64,8 hectáreas, das cales 38,9 son arboradas e 25,9 rasas. Nos traballos de extinción participan 7 axentes forestais, 23 brigadas, 8 motobombas, 4 palas, 6 helicópteros e 4 avións.

O lume rexistrado no concello de Boiro, parroquia de Macenda, que tamén afecta ao concello de Lousame, parroquia de Tállara, permanece controlado dende as 13:10 horas do sábado 31 de agosto. Comezou ás 16:15 horas do xoves e a superficie afectada -segundo estimacións provisionais que se confirmarán tralo parametrizado- é de 450 hectáreas de monte arborado. Nos traballos de extinción levan participado 3 técnicos, 42 axentes forestais, 93 brigadas, 43 motobombas, 5 palas, 9 helicópteros e 10 avións. Tamén traballaron na zona efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

  • Provincia de Ourense:

O lume rexistrado en Cualedro, parroquia de Montes, quedou controlado ás 3:20 horas desta madrugada, tras comenzar onte ás 23:02 horas da noite. Segundo as estimacións provisionais, a superficie afectada é de 53,21 hectáreas de monte raso. Nos labores de extinción están a traballar 2 axentes forestais, 6 brigadas, 4 motobombas e 1 pala.

Controlado dende as 8:59 horas desta mañá un lume en Castrelo de Miño, parroquia de Macendo, que comezou esta madrugada á 1:42 horas. Segundo estimacións provisionais, a superficie está arredor das 20 hectáreas. Nos traballos de extinción participan 3 axentes forestais, 11 brigadas, 8 motobombas e 1 pala.

Controlado dende as 9:06 horas desta mañá o incendio decretado no concello da Mezquita, parroquia de Castromil, tras iniciarse onte ás 23:07 horas. Segundo novas estimacións provisionais, a superficie afectada provisional é de 100 hectáreas. Nos traballos de control participan 2 axentes forestais, 7 brigadas, 6 motobombas e 2 palas.

 

EXTINGUIDOS

 

  • Provincia da Coruña:

 

O lume rexistrado no municipio de Laxe, parroquia de Nande, quedou extinguido ás 20:50 horas da tarde de onte, tras comezar o pasado luns ás 23:15 horas da noite. Segundo estimacións provisionais, que se confirmarán tralo parametrizado, afecta a unha superficie de 104,68 hectáreas, das cales 85 son arboradas e 19,68 de monte raso. Nos traballos de extinción participaron 16 axentes forestais, 31 brigadas, 9 motobombas, 4 palas, 4 helicópteros e 2 avións.

 

  • Provincia de Lugo:

 

Extinguido dende as 5:15 horas desta madrugada o incendio rexistrado no concello de Palas de Rei, parroquia de Orosa. O lume, que comezou onte ás 21:10 horas, afecta a unha superficie estimada provisional ata o seu parametrizado de 40 hectáreas, das cales 20 son arboradas e 20 rasas. Os efectivos que traballaron no lugar foron 1 técnico, 3 axentes forestais, 7 brigadas, 7 motobombas e 1 pala.

 

  • Provincia de Ourense:

 

O lume que se iniciou onte ás 16:44 horas da tarde no concello de Padrenda, parroquia de Monte Redondo, quedou extinguido ás 19:51 horas da tarde de onte. A superficie afectada, segundo estimacións provisionais que se confirmarán tralo parametrizado, é de 50 hectáreas, das cales 10 son arboradas e 40 de monte raso. Nos labores de extinción participaron 4 axentes forestais, 15 brigadas, 6 motobombas, 4 palas, 3 helicópteros e 7 avións.

 

Extinguido dende as 8:25 horas desta mañá un lume no concello de Manzaneda, parroquia de Cesurís, tras comezar esta noite ás 00:06 horas. Segundo estimacións provisionais ata o seu parametrizado, a superficie afectada é de 33 hectáreas, das cales 2 son arboradas e 31 rasas. Nos labores de extinción participaron 2 axentes forestais, 6 brigadas e 7 motobombas.

 

Entre os medios aéreos e terrestres que traballan na extinción destes lumes atópanse os municipais, autonómicos e estatais, coordinados baixo o mando único da Xunta de Galicia.

 

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Tamén a conta de twitter @incendios085 dedicada exclusivamente a ir actualizando a información sobre incendios.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: