MÁIS DE 1.400 NENOS E NENAS INCORPÓRANSE ESTE ANO ÁS 21 ESCOLAS QUE A REDE A GALIÑA AZUL TEN NO ÁMBITO DA DELEGACIÓN TERRITORIAL DE VIGO

  • gallina_284814  A oferta incrementouse nos últimos anos un 58,7%, con 470 prazas de nova creación nos municipios de Vigo, Soutomaior, O Porriño, Cangas, Mos e Moaña.
  • A cidade de Vigo é a que conta cun maior incremento no seu número de prazas, dispoñendo este ano cun total de 626 prazas en 8 centros autonómicos.
  • A Xunta de Galicia xa ten en planificación 5 escolas infantís máis para Vigo e a súa área, que suporán a creación dun total de 306 novas prazas.

Vigo, 5 de setembro de 2013.- Da comezo o novo curso nas 21 escolas infantís que a rede autonómica A Galiña Azul ten no ámbito da Delegación Territorial de Vigo. Dende hoxe mesmo e durante os vindeiros días, estes centros infantís irán acollendo de forma progresiva    a incorporación de 1.410 nenos e nenas de entre 0 a 3 anos dos concellos de Vigo, Cangas, Baiona, Nigrán, Gondomar, Soutomaior, O Porriño, Salceda de Caselas, Mos e Moaña.

A oferta incrementouse nos últimos anos nun 58,7%, cun total de 470 prazas de nova creación para os municipios de Vigo (Valadares e Gota de Leche), Soutomaior, O Porriño (Doantes), Cangas (O Hío), Mos (Coto Torrón) e Moaña (Quintela)es), Cangas (O Hío) e .ificaci. Esta última –con 41 prazas- abrirá as súas portas o vindeiro día 16 de setembro ao tratarse dunha escola de nova apertura cun equipo de persoal novo que nestes días está a realizar entrevistas coas familias e un período de adaptación.

No caso concreto de Vigo, a Xunta de Galicia ofrece un maior número de prazas públicas, contando este ano cun total de 626 en 8 centros de titularidade autonómica situados en O Calvario (41), Valadares (102), Praza da Estrela (41), Relfas-Sárdoma (74), Rosaría de Castro-Coia (107), Cabral-Caeiro (67), Bouzas (94) e Gota de Leche (100). Neste senso, hai que resaltar que o incremento de prazas públicas nos últimos anos é de 214 ao ter en conta a apertura das escolas de Valadares e Gota de Leche así coma a ampliación no número de prazas para a escola infantil da Praza da Estrela.

Ademais, a Xunta de Galicia xa ten planificada a construción de 5 novas escolas infantís para os concellos de Pazos de Borbén, Salvaterra do Miño, Redondela, O Porriño e Vigo, que suporán a creación dun total de 306 prazas máis.

Adaptación á vida escolar

En canto ao desenvolvemento da actividade neste novo curso nas escolas infantís, na planificación dos primeiros días os profesionais están a ter en conta as características dos nenos e nenas de cada escola, é dicir, se se incorporan por primeira vez ao centro ou se volven dun período de vacacións. Neses casos, a incorporación faise de xeito paulatino comezando cunhas xornadas compartidas cos pais ou nais e incrementando progresivamente o número de horas de asistencia.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: