ROSA QUINTANA: “PIDO SENSATEZ Á XENTE E QUE SE CONTEMPLE O MONTE COMO FONTE DE RIQUEZA E NON COMO FERRAMENTA DE DESTRUCIÓN”

 

  • A conselleira do Medio Rural e do Mar referiuse así ao “complicado” mes de agosto que vive Galicia en relación cos incendios forestais

Santiago, 5 de setembro de 2013.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, fixo esta mañá unha chamada á “sensatez da xente” e que contemplen o monte “como unha fonte de riqueza e non como unha ferramenta de destrución”. A conselleira fixo estas declaracións en relación cos incendios forestais que afectan a varios puntos da nosa Comunidade e advertiu, neste sentido, que “estamos a vivir un mes de agosto complicado, con moitos lumes diarios”.

A titular de Medio Rural e Mar puxo como exemplos desta situación os 20 incendios que se levan rexistrados na parroquia de Montes, no concello ourensán de Monterrei, no que levamos de agosto e advertiu que onte mesmo “puxeron 9 lumes seguidos nesa parroquia”. Tamén falou dos casos dos concellos de Melide (A Coruña) e Palas de Rei (Lugo), nos que segundo relatou “puxeron 9 focos ás oito e media da noite”.

Incidindo neste problema, a conselleira fixo referencia ás choivas anunciadas para as próximas horas e advertiu que esta circunstancia parece que “animou a máis xente a achegarse, casualmente a partir das 11 da noite, a moitos núcleos do rural cun certo ánimo de facer dano”.

Por último, a conselleira insistiu en destacar, unha vez máis, o esforzo e a eficacia dos profesionais que traballan nos servizos de extinción de incendios forestais en Galicia.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: