A XUNTA AUTORIZA AO CONCELLO DE VIGO PARA A DEMOLICIÓN DUN EDIFICIO SITUADO NA AVENIDA DE SAMIL, EN ZONA DE SERVIDUME DE PROTECCIÓN DO DOMINIO PÚBLICO MARÍTIMO- TERRESTRE

  • As obras deben evitar o vertido de materiais contaminantes ao medio natural e garantir a seguridade de persoas e bens, balizando e sinalizando convenientemente a zona de traballo
  • As actuacións autorizadas deberán iniciarse nun prazo máximo de dous meses, quedando finalizadas nun prazo dun ano

Santiago, 6 de setembro de 2013.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas notifica hoxe ao Concello de Vigo a autorización autonómica na parte das obras afectadas pola zona de servidume de protección do dominio público marítimo– terrestre para a demolición dunha edificación de soto, planta baixa e baixo cuberta dedicada a hostalería na Avenida de Samil.

Durante a execución das actuacións deberanse adoptar as medidas necesarias tanto para garantir a integridade do dominio público marítimo-terrestre e as súas zonas de servidume, con especial atención a evitar o vertido de materiais contaminantes co medio natural, como a seguridade de persoas e bens, balizando e sinalizando convenientemente a zona de traballo e adoptando as medidas de seguridade e hixiene aplicables a este tipo de actuacións.

O ente responsable da execución deberá obter as autorizacións e informes preceptivos, segundo o disposto na lexislación sectorial que sexa de aplicación. Ademais as obras autorizadas deberán iniciarse nun prazo máximo de dous meses, debendo quedar finalizadas nun prazo dun ano.  Unha vez transcorrido dito prazo quedará sen efecto esta autorización, de conformidade co establecido na disposición adicional cuarta da Lei de costas.

En agosto de 2013 tivo entrada no rexistro do edificio administrativo de Pontevedra a remisión polo Servizo Provincial de Costas a solicitude formulada polo Concello de Vigo para autorización de obras parcialmente na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

A actuación para a que se solicitaba a autorización consiste na demolición do edificio coñecido como restaurante “As Dornas”, sito na Praia de Samil e de titularidade municipal. As obras que se pretenden realizar – segundo a documentación achegada- están situadas nun 40% pola servidume de protección e o resto non ten afección algunha. As actuacións non inciden no dominio público marítimo- terrestre, nin na servidume de tránsito, nin en ningún acceso ó mar.

Cómpre lembrar que a competencia para resolver o procedemento de autorización administrativa na zona de servidume de protección do dominio público correspóndelle á Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de conformidade co establecido no art. 10 do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: