Nova Esquerda Galega (NEG) contra o peche do local de Sereos de asistencia a persoas excluídas

Nova Esquerda Galega (NEG) considera inadmisíbel que o Concello de Vigo decidise pechar o local da Porta do Sol ao que acudían persoas sen teito, prostitutas, drogodependentes, alcohólicos e outras que sofren diversas e variadas patoloxías aditivas ou enfermidades mentais. O servizo vaise prestar a partir de agora nunha unidade móbil que diminuirá o nivel de calidade na atención.

Nova Esquerda Galega (NEG) opina que é unha mofa, unha broma pesada e de mal gusto, unha burla intolerábel cara aos usuarios do devandito servizo municipal, que se lles comunicase o peche do local de sereos a través dunha simple nota en papel e que foi adherida á porta do local agora clausurado. Nunha nota sucinta e lacónica dicía textualmente: «A partir de hoxe atenderémosvos na unidade móbil que está situada na rúa Paz (entre Jacinto Benavente e avenida de Beiramar)» e nada máis. Parece que a Caballero os excluídos non lle merecen respecto ningún.

Nova Esquerda Galega (NEG) esixe a reapertura inmediata e incondicional do local de sereos que levaba aberto e funcionando regularmente desde hai máis dunha década e no cal eran atendidas persoas sen recursos, prostitutas, toxicómanos e outras persoas con diversas enfermidades aditivas ou patoloxías mentais.

Nova Esquerda Galega (NEG) considera insubstituíbel a asistencia que se prestaba no local agora pechado Alí todos os usuarios que o demandasen podían acceder a asesoramento médico ou recibir un bocadillos ou simplemente un café quente, ademais de preservativos para evitar contaxios, kits de insulina e reparto de xiringas novas e recolleita doutras usadas.

Nova Esquerda Galega (NEG) achaca a clausura do local de sereos a unha política de recortes encubertos e centrados na persoas que menos interesan a Caballero, aqueles que menos votos poderían reportar, os «máis desfavorecidos da cidade fermosa» que nos quere vender este insensíbel alcalde.

Non, señor Caballero “as cousas non se están facendo como se deberían facer” e iso porque o peche do local de sereos só procura “embelecer enganosa e artificiosamente” a imaxe dun dos epicentros da cidade: a Porta do Sol, Praza da Princesa e a súa contorna, pero sen resolver ningún dos problemas urxentes das persoas marxinadas e/ou excluídas.

Para Nova Esquerda Galega habilitar unha unidade móbil resulta un remendo provisorio, que resulta ofensivo e insoportábel. De non ser posíbel o uso do actual local, o concello debería buscar que maneira urxente unha nova situación para os Sereos nalgún outro punto céntrico da cidade.

Por outra banda, o recentemente indultado -aínda que de xeito parcial- David Reboredo, que é militante de Nova Esquerda Galega, sinalou: “esta medida do Concello é arbitraria e discriminatoria. É unha nova actitude de falta de sensibilidade ante un problema humano tan importante na nosa cidade. Esta medida non resolve nada. Os mesmos prestadores deste servizo seguen acudindo a reunirse á mesma zona da Praza da Princesa e porta do Sol”

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: