O BNG na Guarda demanda unha nova política contra os incendios e medidas para paliar os danos causados polo lume

“Ordenar os espazos forestais, prevención dos incendios, control das terras agrarias, política de reactivación da actividade agraria e renuncia aos recortes nos servizos públicos, son cuestións que axudarán a defender o noso país”

A Guarda, 04 setembro 13. Xan Lois Lomba Alonso, portavoz municipal do BNG presentou hoxe unha moción diante do pleno da corporación municipal para solicitar unha nova política forestal contra os incendios.
O concelleiro nacionalista manifestou ademais que “ordenar os espazos forestais, desenvolver unha política de prevención de incendios, controlar as terras agrarias e aplicar unha política de reactivación da actividade socioeconómica neste campo, son factores importantes que o goberno galego debe atender.” Engadiu que “renunciar aos recortes nos servizos públicos é fundamental para evitar, neste caso, a falta de medios para prevenir e extinguir incendios, debendo pular pola tecnificación e profesionalización dos recursos.”
O BNG considera que a Xunta de Galiza debe revisar de xeito inmediato o dispositivo de defensa contra incendios forestais e, conxuntamente co goberno do Estado, implementar de maneira urxente as medidas dirixidas a paliar os danos causados pola vaga de lumes e contribuír a súa extinción.
“Na Guarda tivemos moita sorte de non sufrir os lumes, pero temos a obriga de reclamar un cambio radical na política contra os incendios. Non estamos libres de que o noso monte poida verse afectado por esta lacra”, comentou Xan Lois Lomba.
Finalmente, o BNG insta á Xunta e ao Estado a dirixir as axudas ao restabelecemento das infraestruturas públicas e privadas, cultivos e infraestruturas agrarias e levar a cabo actuacións para evitar a erosión do monte e os arrastres de terras a ríos e ao mar.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: