XSG: “Wert debería revisar a súa conciencia despois de deixar sen beca a decenas de discapacitados”
Os mozos e mozas socialistas presentaron xunto con Senén Álvarez e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade de Vigo, Isaura Abelairas a Proposición rexistrada hoxe pola deputada Laura Seara no Congreso
O secretario xeral, Aitor Bouza, salientou que “estamos ante unha das maiores inxustizas que se pode cometer nunha democracia que é a rotura da igualdade de oportunidades”
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2013
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron en Vigo a Proposición rexistrada hoxe pola deputada Laura Seara no Congreso en contra da discriminación en casos como os de Senén Álvarez, un mozo con parálise cerebral que perdeu a súa beca universitaria no contexto da reforma realizada polo PP por suspender tan só unha materia en segundo de carreira.
O secretario xeral, Aitor Bouza, salientou “a importancia de denunciar un atropelo coma este, especialmente nun caso que prexudica ás persoas discapacitadas que vén como a saída á crise que propón o goberno pasa por deixar atrás a moita xente”. “O Partido Popular amosa con accións coma esta que cada vez é máis rancio, máis fascista e sobretodo máis desigualitario”.
Bouza salientou que “non é igualitario que se apliquen as mesmas condicións a estudantes como Senén que precisan dunha discriminación positiva”. “Non se poden eliminar becas específicas para discapacitados porque se produce unha auténtica inxustiza”.
A Organización salientou a este respecto que “se Rajoy considera que hai que suprimir estas axudas específicas será a Xunta quen teña que suplir as deficiencias aínda que goberne o mesmo partido”. “O problema é que todos sabemos que todos estes recortes son ideolóxicos”.
O líder das XSG concluíu afirmando que “os socialistas non imos defender nunca estes retrocesos nin apoiar a volta ao franquismo que semellan querer promover o Partido Popular e as Novas Xeracións”.