Archive | septiembre 10, 2013

Figueroa: “Es un escándalo mayúsculo que el gobierno municipal no haya asistido a la comisión del Auditorio; es la primera vez que ocurre algo tan grave en el Concello”

descarga (3)   La comisión quedó constituida ante el secretario municipal, solo con los cuatro concejales del PP, y el edil Roberto Relova resultó elegido presidente de la misma.

·        “El Grupo Popular, por responsabilidad, seguirá adelante con la investigación y ya ha solicitado por escrito al secretario del Concello la documentación relacionada con la concesión de esta infraestructura, que atraviesa por una situación de extrema gravedad”, explicó el portavoz del Partido Popular, José Manuel Figueroa.

·        “Es una falta de rigor y de seriedad; la prueba evidente del oscurantismo y la falta de transparencia del alcalde”, afirma Figueroa, que advierte: “Vamos a elaborar un calendario de comparecencias y si el alcalde pretende boicotear el trabajo de la comisión, ejercitaremos todas las acciones que nos permite la ley”.

·        “La concesionaria amplió el periodo del contrato con el hotel antes de que el alcalde le concediese la prórroga de la concesión. Es algo inaudito que se ha permitido desde el gobierno municipal”, denuncia el portavoz del PP.

·        “El alcalde ha traspasado una línea roja con la ausencia de su grupo de la comisión; trata de torear a la oposición y a todos los vigueses”, recalca el concejal Roberto Relova.

 

A XUNTA INVISTE ESTE ANO MÁIS DE 600.000 EUROS EN NOVAS REFORMAS DE 36 CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA DE VIGO

  • descarga (2)  A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, realizou hoxe unha visita aos CEIP Altamar e Josefa Alonso para comprobar o estado das obras acometidas en ambos centros e que se achegan aos 53.000 euros.
  • A Consellería de Educación investiu preto de 15.000 euros no CEIP Altamar para a adecuación dunha aula e unha marquesiña.
  • No caso do CEIP Josefa Alonso o investimento foi superior aos 38.000 euros para mellorar as instalacións térmicas e acometer actuacións nun muro de contención.
  • Nos últimos anos, a Xunta de Galicia leva investidos un total de 11,6 millóns de euros no eido das infraestruturas educativas de primaria e secundaria da cidade. 

AXUDAS DO IGAPE PARA APOIAR AS ESTRATEXIAS DE INTERNACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS DO SECTOR TÉXTIL

A Consellería de Economía e Industria convocou, a través do Igape, as axudas ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización, en desenvolvemento do Plan Estratéxico do Téxtil, Visión 2020. A correspondente convocatoria faise en réxime de concorrencia competitiva.

Serán apoiables actuacións de difusión fóra de Galicia, actuacións de promoción, tamén fóra da Comunidade Autónoma, e actuacións orientadas ao acceso a mercados exteriores.
O prazo de presentación das solicitudes rematará o próximo 19 de setembro.
 
 
Máis información: 902 300 903

ROSA QUINTANA: “A DÍA DE HOXE A NINGUÉN NESTA SOCIEDADE SE LLE ESCAPA QUE O MONTE ARDE PORQUE SE LLE PRENDE LUME”

Rosa Quintana destacou a eficacia e eficiencia do dispositivo único de loita contra os lumes, que inclúe medios tanto municipais coma autonómicos e estatais

A Consellería está a traballar no Plan de Valorización do Monte Galego, que conta cun orzamento inicial de 32,8 millóns de euros, podendo chegar ata os 37,7 millóns logo de incorporar fondos europeos

A conselleira destacou que tres de cada catro lumes quedaron en conatos e non acadaron a categoría de incendio forestal.

XSG: “A solución ao conflito de Siria non pasa pola intervención militar”

Os mozos e mozas socialistas participarán hoxe nas mobilizacións convocadas pola Coordinadora Galega pola Paz contra o ataque militar dos Estados Unidos en Siria                                                                                                                                      

O secretario xeral, Aitor Bouza, salientou a “firme postura pacifista da nosa Organización contra unha intervención militar en Siria apostando pola protección da poboación civil”

 

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2013

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) participarán hoxe nas manifestacións convocadas pola Coordinadora Galega pola Paz ás 20:30 h. nas principais vilas galegas en contra dunha intervención militar norteamericana en Siria e chaman á cidadanía a participar nas mobilizacións.

A Plataforma defende que “bombardear un país e intervilo militarmente desde o exterior pola forza e a violencia non son as mellores fórmulas para resolver un conflito”. “A presión económica, política e diplomática da comunidade internacional co protagonismo das Nacións Unidas e da Liga Árabe debe ser a vía pola que se impoña un alto ao fogo e se abran camiños de diálogo e de entendemento en Siria e no conxunto da rexión”.

 

O Secretario Xeral das XSG, engadiu que “a poboación civil siria, especialmente nenos, mulleres e anciáns, non poden ser as vítimas inocentes dun brutal enfrontamento alongado deliberadamente en favor dos intereses de ninguén mais a solución non pode pasar por unha intervención militar”.

A Organización lembrou que “o PSOE rexistrou unha proposición non de lei que condena o uso de armas químicas en Siria e que reclama unha acción diplomática contundente da Comunidade Internacional máis sen intervención militar”. “O máis importante é a protección da poboación civil ameazada e a asistencia humanitaria da poboación desprazada e refuxiada”.

O líder das XSG salientou que “dende as Xuventudes Socialistas sempre defendemos a nosa postura pacifista e así o manifestamos interna e externamente”. “A aclaración da postura do PSOE neste conflito tivo moito que ver coa rotundidade da nosa Organización a nivel federal”.

Bouza rematou indicando que “participaremos na concentración convocada hoxe ás 20:30 h. na Praza do Obradoiro de Compostela mais tamén haberá compañeiros nas de Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo”.

XSG: “O PP acepta o debate da Lei contra a discriminación de LGTB mentres elimina Educación para a Cidadanía e os centros Quérote”

Os mozos e mozas socialistas amosáronse satisfeitos co éxito do Grupo Socialista plasmado na toma en consideración de toda a cámara parlamentaria da Lei pola Visibilidade e Non Discriminación de LGTB                                                                                                                                            

O secretario xeral, Aitor Bouza, salientou “o traballo realizado polas Xuventudes Socialistas de Galicia en coordinación co grupo 7 Cores e o PSdeG”

 

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2013

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presenciaron hoxe na cámara parlamentaria galega a aprobación da tramitación da Lei pola Visibilidade e Non Discriminación de LGTB presentada hoxe polo Grupo Parlamentario Socialista e cuxo debate foi aprobado por unanimidade co voto de todas as forzas políticas.

O Secretario Xeral das XSG amosouse satisfeito con este paso “despois do traballo realizado pola militancia para engadir contidos a este proxecto”. “Parécenos un avance moi importante que se aprobe o debate desta Lei co apoio de toda a cámara mais non permitiremos ningún retroceso na súa elaboración”.

Bouza aludiu a algunhas das declaracións da Portavoz do PP e anunciou que “non renunciaremos ao concepto de familias formadas por membros do mesmo sexo nin a ningún dereito social xa adquirido”. “Se acontece deste xeito seremos os primeiros que promoveremos a postura do PP galego para pescudar que se estenda ao resto de España”.

O líder das XSG lembroulle ao Grupo Parlamentario Popular que “se o 80% da sociedade española entende a homosexualidade como algo normal –como indicaron hoxe na cámara– é grazas ao goberno de José Luis Rodríguez Zapatero que avanzou nesta materia sempre coa oposición do PP que até presentou un recurso de anticonstitucionalidade da Lei que permitiu o matrimonio igualitario”.

Dende a Organización agardan ademais que “isto non se trate dunha estratexia mediática do Partido Popular para conseguir titulares senón dunha rectificación”. “Sería unha contradición que despois de eliminar a materia de Educación para a Cidadanía, pechar os centros Quérote e debilitar o acceso á saúde sexual e reprodutiva agora pretendan loitar contra a discriminación que eles mesmos potenciaron”.

Bouza concluíu “felicitando ao PSdeG e aos colectivos LGTB por este logro” e agardando que “o Partido Popular acepte o debate desta Lei sen cambiar conceptos básicos e recoñecendo os seus continuos erros nesta materia”.

 

JUAN MANEIRO: “NON PODEMOS PERMITIR QUE TERCEIROS PAÍSES ENTREN NO MERCADO EUROPEO INCUMPRINDO CONVENIOS E TRATADOS”

O secretario xeral do Mar clausurou a VI Conferencia Mundial do Atún “Vigo 2013”, organizada por Anfaco-Cecopesca

  • O secretario xeral destaca a urxente necesidade de dispor dunha normativa igualitaria para todos os países que participen na industria transformadora e conserveira de produtos do mar

Vigo, 10 de agosto de 2013.- “Non podemos permitir que terceiros países entren no mercado europeo incumprindo convenios e tratados”. Así o trasladou o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, esta mañá na clausura da VI Conferencia Mundial do Atún.

Juan Maneiro trasladou a urxente necesidade de dispor dunha normativa que poña en igualdade de condicións aos Estados Membros e a terceiros países, que impida a competencia desleal e prohiba as prácticas que poidan vulnerar dereitos laborais e garanta a seguridade alimentaria dos consumidores. Tamén resaltou que o incumprimento dos convenios e tratados internacionais ou ter condicións arancelarias vantaxosas poría en risco a viabilidade de moitas das industrias europeas.

Boas cifras

O secretario xeral tamén destacou, ante os máis dos 300 representantes do sector de cerca de 30 países, a situación da industria transformadora e conserveira de produtos de mar e da acuicultura, que só no conxunto de España obtivo uns resultados económicos en 2012 superiores ao ano anterior, e un incremento no valor da produción dun 5%.

A industria conserveira supón en Galicia un volume de negocio superior aos 1.250 millóns de euros, cunha produción de máis de 530 toneladas e preto de 13.000 posto de traballos directos.

A UE PREMIA A XESTIÓN DE FONDOS FEDER POR PARTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CON 1,3 MILLÓNS DE EUROS

  • Incrementou nesa cantidade a súa aportación inicial para os proxectos Pousadas e Wimax
  • Louzán dí que utilizará ese diñeiro para reactivar a economía e crear emprego na provincia 

A Unión Europea (UE) voltou a premiar á Deputación de Pontevedra pola súa xestión de fondos europeos e, en consecuencia, realizará unha nova inversión de capital na institución provincial por valor de 1.352.461 euros.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, indicou que esta nova aportación será empregada en proxectos de creación de emprego e reactivación da economía na provincia, asuntos que calificou de máxima prioridade. Leer Más…

El Centro Tecnológico AIMEN lidera un proyecto europeo de I+D+i para fabricar microdispositivos médicos más efectivos y económicos

descarga (1)   El consorcio FaBiMed se centrará en la elaboración de tres tipos de dispositivos (microagujas adaptables, sistemas portátiles de diagnosis y sensores de ultrasonidos), que servirán de demostradores de las novedosas tecnologías de fabricación investigadas.

El SERGAS, a través del servicio de Cardiología del Hospital Universitario de Santiago de Compostela será la entidad encargada de validar los desarrollos realizados en el marco de esta iniciativa.

Este proyecto de I+D+i está cofinanciado por la Comisión Europea bajo el Séptimo Programa Marco,  dentro de la iniciativa “Factories of the Future”; y en él participan 12 socios europeos.

ROI CASAL ACTUARÁ O PRÓXIMO XOVES 19 DE SETEMBRO NAS FESTAS DO CRISTO DO PORRIÑO

descarga Roi Casal levará a cabo unha actuación o próximo xoves 19 de setembro nas Festas do Cristo do Concello do Porriño, será ás 22h00 na Praza Arquitecto Antonio Palacios. Este concerto englóbase dentro da programación do verán do Concello.