Archivo | septiembre 13, 2013

O PP DE SALCEDA ACOMPAÑA Á DEPUTADA MARTA IGLESIAS NA ENTREGA DE SUBVENCIÓNS A TRES COLECTIVOS LOCAIS

descarga  Os populares lembran o apoio incondicional da Deputación de Pontevedra ás asociacións salcedenses, cuestión reivindicada tamén polo PP nas alegacións ao Orzamento municipal nas que se propoñía unha mellora na partida destinada a este fin

As entidades beneficiarias son o Centro Cultural e Veciñal San Xorxe, a Asociación de Veciños Carballeira de Picoña e a Asociación Cultural Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze, que con estas axudas, que suman un total de 1.737 euros, adquirirán instrumentos musicais

MARCO: inauguración UNHA MÁQUINA. – Vigo

EXPOSICIÓN

Una máquina desea instrucciones como un jardín desea disciplina

Proyecto ganador Premio MARCO/FRAC Lorraine para jóvenes comisarios

 

13 septiembre 2013 – 2 febrero 2014

Fecha

clip_image002 (2)

13 septiembre 2013 – 2 febrero 2014

LUGAR

Salas de exposición de la 1ª planta

HORARIO

Martes a sábados (festivos incluidos), de 11.00 a 14.30 y de 17.00 a 21.00

Domingos, de 11.00 a 14.30

Cerrado los lunes

PRODUCCIÓN

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo FRAC Lorraine, Metz, Francia

COMISARIA

Catalina Lozano

Jimmie Durham. Una máquina desea instrucción como un jardin desea disciplina, 2013

Dibujo, grafito y pastel sobre papel

Leer Más…

FEIJÓO DESTACA QUE A INTENSIFICACIÓN DOS TRABALLOS PARA AXILIZAR AS OBRAS ACREDITA QUE VIGO TERÁ NOVO HOSPITAL PÚBLICO NESTA LEXISLATURA SEN MERMAR O PROXECTO E SEN INCREMENTAR O ORZAMENTO

Asegura que o feito de que se teña duplicado en cinco anos a porcentaxe de galegos satisfeitos co sistema público de saúde constitúe o mellor acicate para seguir traballando

Salienta que isto fai necesario incrementar a contratación prevista e dar traballo a entre 1.350 e 3.000 traballadores que manterán a obra activa as 24 horas a partir de outubro

  • O novo complexo, dotado con case 1.500 camas, 35 quirófanos, 160 salas de consulta externa e 62 de diagnóstico por imaxe “multiplica por cinco as dimensións do Hospital Xeral” para dar mellor cobertura a un total de 600.000 habitantes
  • Destaca que, de acordo con Barómetro Sanitario, para o 82,5% dos galegos o funcionamento do sistema público de saúde  é moi bo ou bo, 12 puntos por riba da media española

Empregadas/os da limpeza do Xeral-Cíes forzan unha xuntanza co xerente do Sergas tras unha protesta

O comité de empresa do servizo de limpeza do hospital Xeral-Cíes de Vigo manterán unha xuntanza co xerente do Sergas o vindeiro mércores 18 tras a protesta celebrada hoxe ás portas do seu despacho no centro médico. As afectadas/os denuncian que Clece, a nova concesionaria, pretende aplicarlles o convenio provincial e modificar as condicións de traballo, polo que manteñen a convocatoria de folga para outubro.

Dende a federación de Servizos da CIG de Vigo explicaron que a mobilizacións das traballadoras/es tiña por obxecto forzar ao xerente do Sergas, Mario González González, a contestarlles a petición de xuntanza por parte do comité para abordar o conflito laboral xerado tras a chegada da nova concesionaria. Tras a concentración ás portas do despacho recibiron a notificación de que a xuntanza terá lugar o mércores ás 8.00 horas.

Denuncian que Clece a comezou a aplicar o convenio provincial de limpeza -cando existe convenio propio dende os 80- aos traballadores/as contratados/as, polo que presentaron a correspondente denuncia diante da Inspección de Traballo. “Con todo, o xoves rematan as negociacións e será daquela cando saibamos o que pretende realmente a empresa”, sosteñen.

As afectadas/os continuarán coas mobilizacións diarias á entrada do hopital Xeral en horario de mañá e tarde (10.00 e 18.00 horas) coincidindo co descanso do bocadillo.

BENESTAR COLABORA COA FEDERACIÓN DE PERSOAS XORDAS NA POSTA EN MARCHA DUN SISTEMA ONLINE DE VIDEOCONFERENCIA PIONEIRO EN GALICIA

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Iker Sertucha, presentaron hoxe na Coruña ‘O Servizo de Axente de Recursos Sociais’
  • Esta iniciativa, coa que colabora o departamento autonómico, permitirá ás persoas xordas realizar consultas de diversas áreas, como a social e a laboral,  desde a súa casa
  • Mato destacou que o Goberno galego apoia a este colectivo a través do desenvolvemento de programas, subvencións ao emprego e no servizo de voluntariado 
  • Resaltou que a Federación recibiu 6 millóns de euros en axudas públicas desde 2009
  • Avanzou que a nova Lei de Accesibilidade fomentará a formación de intérpretes profesionais en lingua de signos.

 

O SÁBADO 14 DE SETEMBRO, NOITE DE FADOS EN DETRÁS DO MARCO

descarga (3)  Noite de fados este sábado 14 de setembro a partir das 20:30. Iria Estévez e Gonzálo Piña (Clave de Fado) deleitarannos este sábado cun concerto de fados na nosa terraza. Non os perdades esta noite máxica en compañía de Iria e Gon e a súa música.

Cursos de Venta e Atención ó cliente Vigovello _ Sector Hostelería

Cursos de Formación de Venta e Atención ó Cliente organizado por Vigovello CCA e impartidos por Fernando Simón Marta, especialista en venta relacional con máis de 15 experiencia no sector.

Ditos cursos serán os Xoves 26 de setembro e 3 de outubro en horario de 17.00h a 19.00h na Sala do Centro Cívico Casco Vello (Rúa Oliva 12).
Vigovello subvencionará a metade da cuota de inscrición ós seus socios.

Rastro Portovello Setembro

descarga (2)  Mañá sánado terá lugar unha nova edidón do Rastro Portovello; é un mercado de segunda man e artesanía que ten lugar nas rúas e nos locais do casco vello de Vigo os segundos sábados de cada mes. Nel poderanse atopar roupa e zapatos de segunda man, libros, vinilos, obxectos de decoración, así como artesanía, cosmética natural, instrumentos musicáis, cadros, fotografías e outras curiosidades…

A Fundación Novacaixagalicia trae a Vigo e Pontevedra a Miriam Díaz-Aroca e Belinda Washington

A Fundación Novacaixagalicia achega ás cidades de Vigo e Pontevedra a comedia Nin para ti, nin para min, un texto de Juan Luis Iborra e Sonia Gómez interpretado por Miriam Díaz-Aroca e Belinda Washington. A función chega o día 19 á cidade pontevedresa e ao día seguinte celebrarase en Vigo, ambas ás 20.30 horas. Na cidade do Lérez terá lugar no Centro Social da entidade e na urbe viguesa será o Centro Cultural da fundación o que acolla a obra. As entradas están á venda nas súas canles habituais de comercialización de espectáculos, a web de Servinova, www.servinova.es, e a billeteira telefónica 902 504 500. O espectáculo está incluído na tempada de abonos da fundación galega, os cales supoñen un aforro do 20% respecto das entradas soltas. Ademais a entidade ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para os desempregados, os xubilados e os novos que adquiran os abonos, que supón unha rebaixa adicional dun 10 % .

Abre o prazo de inscrición para anotarse nas actividades dos centros de maiores da Fundación Novacaixagalicia

Os Centros de Maiores da Fundación Novacaixagalicia presentan a súa oferta de actividades para o vindeiro curso 2013-2014, unha proposta que mantén as actividades do curso anterior e as amplía para ofrecer novas alternativas de ocio tales como obradoiros de solo pélvico, bioximnasia, clases de patchwork, talleres de redución do estrés e a ansiedade ou clases de habilidades sociais. A partir do próximo luns, día 16, os interesados en participar nestas actividades poderán reservar a súa praza no centro de maiores da súa cidade. As actividades ofertadas darán comezo ao longo do mes de outubro. Os servizos de cafetaría, barbaría, ciberaula, biblioteca, podoloxía e psicoloxía dos que dispoñen estes centros están dispoñibles para os seus socios dende o pasado 1 de setembro.