INFORMACIÓN ACTUALIZADA ÁS 19:30 HORAS SOBRE OS INCENDIOS FORESTAIS QUE SUPERAN AS 20 HECTÁREAS NA COMUNIDADE GALEGA

  • Está controlado o incendio de Gondomar, parroquia de Peitieiros, cunha estimación provisional de 26 hectáreas afectadas
  • Seguen controlados os incendios de Carnota, parroquia homónima; Negreira, parroquia de Liñaio; e Porto do Son, parroquia de Ribasieira

Santiago, 15 de setembro de 2013.- A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da situación actual dos incendios forestais que superan as 20 hectáreas na Comunidade galega.

CONTROLADOS

  • Provincia da Coruña

Permanece controlado desde as 18:54 horas de onte sábado o incendio declarado o pasado mércores ás 21:37 horas no concello de Carnota, parroquia homónima. Neste lume desactivouse ás 15:13 horas de onte o Nivel 1, que fora decretado como medida preventiva. A superficie afectada, segundo estimacións provisionais que se confirmarán tras o parametrizado, sitúase arredor das 2.200 hectáreas. No seu control levan traballado 2 técnicos, 68 axentes forestais, 112 brigadas, 60 motobombas, 1 pa, 16 helicópteros e 8 avións. Tamén traballaron na zona efectivos da UME.

Continúa tamén controlado dende as 8:48 horas de onte o lume rexistrado no concello de Negreira, parroquia de Liñaio, tras comezar o mércores ás 12:18 horas. A superficie afectada -segundo estimacións provisionais, que se confirmarán tras o parametrizado- é de 663 hectáreas. Nos traballos de extinción levan participado 1 técnico, 15 axentes forestais, 34 brigadas, 15 motobombas, 7 pas, 9 avións e 6 helicópteros. Tamén traballaron na zona efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Segue así mesmo controlado dende as 8:41 horas de onte sábado o lume do concello de Porto do Son, parroquia de Ribasieira, que comezara o venres ás 00:37 horas da madrugada. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada sitúase nas 325 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 2 técnicos, 21 axentes forestais, 41 brigadas, 21 motobombas, 4 pas, 5 helicópteros e 4 avións.

  • Provincia de Pontevedra

Ás 14:10 horas quedou controlado o incendio no concello pontevedrés de Gondomar, parroquia de Peitieiros. Iniciouse ás 23:02 horas de onte sábado e segundo estimacións provisionais que se confirmarán tras o parametrizado afectou a unha superficie de 26 hectáreas de monte arborado. No seu control traballaron 7 axentes, 15 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 2 helicópteros e 3 avións

Entre os medios aéreos e terrestres que traballan na extinción destes lumes atópanse os municipais, autonómicos e estatais, coordinados baixo o mando único da Xunta de Galicia.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Tamén a conta de twitter @incendios085 dedicada exclusivamente a ir actualizando a información sobre incendios.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: