O II CURSO DE ACTUALIDADE XURÍDICA INICIOU HOXE O SEU PROGRAMA ABORDANDO A CONTRATACIÓN PÚBLICA LOCAL

 

  • O curso, cunha duración de 28 horas, conta coa participación de 120 persoas
  • Está destinado ás administración públicas e nel se analizará o réxime xurídico de contratación

A Deputación de Pontevedra xunto COSITAL (Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración local de Pontevedra) inaugurou hoxe o “II Curso De Actualidade Xurídica De Réxime Local. A Contratación Pública Local” no pazo provincial. O curso desenvolverase ata o xoves 19, en horario de 9.30 a 14.30 e 16.30 a 20.30.

A deputada provincial Begoña Estévez estivo presente nesta primeira xornada do curso, que versou sobre  “As futuras directivas de contratación pública. Principais características da nova regulación”; “As cláusulas sociais e medioambientais na contratación pública”; e “A contratación electrónica”. Nelas os conferenciantes salientaron a importancia da “transversalidade da contratación pública, ante a constante modificiación da realidade do país e sobre todo, dos seus documentos, polo que a formación de todos os traballadores públicos ten que ser axeitada, e adaptándose á Estratexia Europa 2020, no que prime un rexurdimento intelixente”.

Reforma local

Cunha duración de 28 horas e 120 prazas cubertas, seguirá tratando os vindeiros días a contratación e reforma da administración local. Se trata dun curso para as administración públicas, entre elas a local, no que se analizará o réxime xurídico da contratación pública así como características da nova regulación para a súa aplicación nestas entidades.

O programa conta coa participación de conferenciantes expertos na temática a abordar e a problemática actual:

 

  • Martes 17, “Criterios de adxudicación, selección, melloras e motivación das resolucións de adxudicación na xurisprudencia e na doutrina administrativa”; “Contratos patrimoniais e outros negocios xurídicos sobre bens inmobles das entidades locais”; “A última xurisprudencia sobre a contratación pública”; “O pago do prezo da administración”.

 

  • Mércores 18, “A racionalización dos contratos: especial referencia á central de compras e aos contratos marco”; “As relacións entre poderes adxudicadores e a contratación pública”; “Recurso especial en materia de contratación”, “os contratos relativos aos servizos enerxéticos”.

 

  • Xoves 19, “Modificados dos contratos: especial referencia ás vías de impugnación”; e mesa redonda “Os novos retos da contratación pública”. Nesta xornada os participantes realizarán unha proba de avaliación para obter o certificado do curso.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: