Archivo | septiembre 17, 2013

El ministro de Industria, Energía y Turismo y el presidente de la Xunta de Galicia impulsan el Camino de Santiago como destino inteligente‏

  • El convenio promueve el desarrollo de acciones de innovación, tecnología y consultoría para la consolidación del Camino de Santiago como referente de ‘Destino Turístico Inteligente’.
  • El presupuesto del proyecto asciende a un millón de euros aportados en un 95% por el Ministerio de Industria, Energía y Turismo y el 5% restante por la Xunta de Galicia.

17.09.13. El ministro de Industria, Energía y Turismo, José Manuel Soria, y el presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, han firmado un convenio para impulsar el Camino de Santiago como ‘Destino Turístico Inteligente’. El presupuesto del proyecto asciende a un millón de euros aportados en un 95% por el Ministerio de Industria, Energía y Turismo (con financiación del programa FEDER) y el 5% restante por la Xunta de Galicia.

El Camino de Santiago, uno de los activos turísticos más importantes del país, se incorpora así al programa ‘Destinos Turísticos Inteligentes’, que forma parte del Plan Nacional e Integral de Turismo (PNIT). Este programa proporciona un marco homogéneo para facilitar la incorporación de innovaciones en los destinos turísticos, dotándolos de tecnología y fomentando el desarrollo sostenible y la generación de experiencias turísticas integrales. Asimismo, prevé la implantación de iniciativas piloto demostrativas en destino, que sirvan de modelo para replicar la acción en otros lugares.

 

El ministro Soria ha mostrado su satisfacción por el hecho de que la Xunta de Galicia incorpore el Camino de Santiago a este proyecto, con el objetivo de aprovechar las oportunidades que ofrecen las nuevas tecnologías para convertir al Camino en un Camino Inteligente y así poder proyectar Galicia al mundo y al nuevo turista digital.

 

El convenio prevé desarrollar tres grandes actuaciones en esta iniciativa. En primer lugar, se realizará un análisis y diagnóstico de la situación actual del Camino de Santiago para su transformación en Destino Turístico Inteligente. Se estudiarán los proyectos de mejora de la tecnología y de su uso realizados en los últimos años a través de la Agencia de Turismo de Galicia y el Xacobeo. En segundo lugar, se potenciará el desarrollo de aplicaciones móviles y la generación de contenidos. Se pondrá especial interés en desarrollar una aplicación que permita la obtención de la ‘Compostela’ a través del uso de las nuevas tecnologías. Por último, se dotará al Camino francés de una red wifi gratuita en establecimientos de hostelería.

 

Al acto han asistido la secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego; la secretaria de Turismo de la Xunta, María Nava Castro; el subsecretario de Industria, Energía y Turismo, Enrique Hernández Bento; el director general de Red.es, César Miralles; y el director general de la Escuela de Organización Industria (EOI), Fernando Bayón.

 

 

As Xuventudes Socialistas conmemoran o Día para a Preservación da Capa de Ozono

O Secretario Xeral das XSG, Aitor Bouza, e a Secretaria de Medio Ambiente, Sofía Vázquez, presentaron a campaña do Día para a Preservación da Capa de Ozono

A campaña consistirá en accións de rúa e repartimento de información sobre a capa de ozono, o seu burato, as substancias que esgotan a capa e o Protocolo de Montreal como exemplo de éxito na cooperación internacional

 

 

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2013

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) conmemoran o día para a preservación da capa de ozono, un día que pasa normalmente inadvertido entre a cidadanía, pero que dende as Xuventudes queren reivindicar pola importancia da capa de ozono para a nosa supervivencia, xa que é o escudo que nos protexe dos raios daniños do sol.

O Secretario Xeral das XSG indicou que “se realizarán accións de rúa, co obxectivo de concienciar sobre as repercusións das accións humanas e, neste caso concreto, da emisión de gases artificiais á atmosfera, que afectan ao equilibrio do planeta e, neste caso, dada a súa estabilidade actúan na estratosfera eliminado moléculas de ozono, que forman a devandita capa”.

A Secretaria de Medio Ambiente, Sofía Vázquez, lembrou “o papel que xoga a ciencia e as inversións en investigación e desenvolvemento”. “Neste senso, entenden a necesidade dunha ciencia ética, que informa á cidadanía é axuda na toma de decisións políticas”.

Os mozos e mozas socialistas queren destacar a necesidade de chegar a consensos internacionais en moitas materias. Por elo, entenden que “o Protocolo de Montreal é un fito, un exemplo de cooperación internacional, que esperamos que 26 anos despois deste acordo mundial para a preservación da capa de ozono sirva de exemplo e nos lembre que  os acordos e o consenso mundial é posible, tan so é necesario a vontade política para elo”. “Reivindicamos con esta conmemoración a política e os acordos internacionais.” “É posible cambiar o mundo, e a política é a ferramenta para elo.”

Dende as XSG quixeron facer súas as verbas do SX da ONU, na conmemoración do día de Preservación da Capa de Ozono do ano 2012, polo que “instan aos gobernos e a todos as Partes que afronten co mesmo espírito os grandes problemas ambientais e de desenvolvemento do noso tempo. Xuntos podemos lograr que o futuro que queremos se converta en realidade.”

Os mozos e mozas socialistas entenden que o devandito tratado é seguramente o acordo ambiental máis exitoso xamais logrado, que xera ciencia e utiliza fondos para axudar aos países en desenvolvemento a eliminar substancias químicas que danan o ozono, como os clorofluorocarbonos (CFCs) e halones.

Bouza lembrou que “ata o de agora o Protocolo de Montreal diminuíu as sustancias que esgotan o ozono en máis dun 95%, protexendo desa maneira a capa de ozono para as xeracións presentes e futuras”. “As diminucións logradas tamén deron por resultado importantes diminucións dos gases que contribúen ao quentamento mundial, contribuíndo en gran medida desa forma á protección do sistema climático mundial”.

Vázquez concluíu alertando de que “aínda quedan problemas por superar, xa que os gobernos deben manter o seu compromiso de completar o traballo empezado e evitar problemas adicionais”. “Por exemplo, en substitución das sustancias químicas que esgotan o ozono, está  a crecer rapidamente o uso de hidrofluorocarburos, produtos inocuos para a capa de ozono pero que son poderosos gases de efecto invernadoiro”.

 

A XUNTA IMPULSA COAS FUNDACIÓNS RAMÓN DOMÍNGUEZ E DE MEDICINA XENÓMICA UNHA INNOVACIÓN ACTIVA NO ÁMBITO SANITARIO

Os conselleiros de Economía e Industria, Francisco Conde, e de Sanidade, Rocío Mosquera,  asinan un acordo para o desenvolvemento dun programa de I+D+i no ámbito biosanitario

–  O convenio encádrase nos contratos-programa da Xunta cos centros de investigación e innovación do Sistema Público de Saúde, que suman 900.000 euros para promover a excelencia científica e a atracción e retención de talento

–  Entre os obxectivos figura a procura da valorización e transferencia dos resultados da investigación ás empresas

–   As axudas forman parte dos 4,5 millóns que a Axencia Galega de Innovación destina este ano a contratos-programa cos centros de coñecemento non universitarios.

 

Memoria das emigradas. Apuntamentos para un filme

cartel_MEMORIAS EMIGRADAS.APUNTAMENTOS PARA UN FILME

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL E POSTERIOR COLOQUIO
“Memoria das emigradas.
Apuntamentos para un filme”
Mércores, 18 de setembro ás 19.30h
na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20)
Proxección do documental Apuntamentos para un filme (duración 48 min.)
e posterior coloquio. Coa intervención de Margarita Ledo (guionista e directora
do filme A cicatriz branca).
.
Na primeira metade do século XX, milleiros de mulleres saíron soas de Galicia ca a América.
Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade.
Ían destinadas a servir. Apuntamentos para un filme recolle testemuños dos que agroman as
personaxes da ficción A cicatriz branca.

A ORDE DE INCLUSIÓN DE BENESTAR CHEGARÁ A 105 ENTIDADES GRAZAS UN ORZAMENTO DE 3,25 MILLÓNS DE EUROS, UN 13% MÁIS QUE EN 2012

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, reuniuse hoxe coa directiva de Cáritas Santiago, onde lles informou da resolución desta convocatoria
  • A orde reforzouse este ano ao unificar as tres convocatorias que existían anteriormente nunha soa, entre outras modificacións
  • No que se refire á sección de albergues, comedores e centros de acollida, cubriranse todas as solicitudes realizadas polas organizacións que xestionan estas instalacións, tal e como se comprometera desde o departamento que dirixe Mato

Santiago, 16 de setembro de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar vén de resolver a súa renovada orde de inclusión, que este ano chegará a un total de 105 entidades de iniciativa social de Galicia. Esta convocatoria ampliou o seu orzamento en 370.000 euros, ata chegar aos 3,25 millóns de euros, o que supón un 13 por cento máis do que se destinaba a este fin en 2012 Leer Más…

ROI CASAL ACTUARÁ ESTE XOVES 19 DE SETEMBRO NAS FESTAS DO CRISTO DO PORRIÑO

descarga  Roi Casal levará a cabo unha actuación o este xoves 19 de setembro nas Festas do Cristo do Concello do Porriño, será ás 22h00 na Praza Arquitecto Antonio Palacios. Este concerto englóbase dentro da programación do verán do Concello.

declaracións de Iolanda Veloso sobre as bolsas para comedores escolares.

 Vigo, 16 de setembro de 2013.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, demandou ao goberno vigués que axilice a resolución das bolsas de comedor para o presente curso 2013/2014. “Está moi ben destinar moitos cartos as bolsas para escolares, pero é inadmisible que as axudas non estean xa resoltas, tendo en conta que o curso comezou o mércores pasado”, destacou.

Iolanda Veloso sinalou que pese a que os nenos e nenas xa comezaron o colexio, aínda non saben se van ter bolsa de comedor. Segundo explicou, esta circunstancia proviova que moitos pais e nais deciden non utilizar este servizo “porque nin poden pagalo do seu peto nin saben se van ter bolsa”.

“Non só hai que ter cartos, tamén hai que xestionalos adecuadamente, e isto non se está facendo”, criticou a portavoz nacionalista, tras lembrar que a ampliación da partida para as bolsas de comedor foi unha das emendas incluídas nos orzamentos municipais a proposta do BNG.

A DEPUTACIÓN ABRIRÁ 6 OFICIÑAS DE ASESORAMENTO EMPRESARIAL E DE COMERCIO VIRTUAL EN PONTEVEDRA, CAMBADOS, LALÍN, PONTEAREAS, VIGO E PORRIÑO QUE BENEFICIARÁN A 64.682 AUTÓNOMOS E PEMES

Un dos obxectivos prioritarios da Deputación de Pontevedra para esta lexislatura son a xeneración de Emprego e a colaboración para estimular a creación de riqueza, según explicou hoxe o seu presidente, Rafael Louzán.

Según él, tendo en conta que os 64.682 Autónomos e Pemes da provincia (o 91,6% do total de empresas) pasan por dificultades e que a súa mellora competitiva pasa pola Innovación nos procesos produtivos e nos produtos e servizos que prestan, a Deputación de Pontevedra quere potenciar o desenvolvemento económico delas a través das Novas Tecnoloxías; aumentar a súa produtividade e competitividade; e implantar unha Plataforma de Comercio Virtual e  Electrónico para  Pemes e os autónomos da provincia.

Con ese fin, a Deputación abrirá de inmediato 6 Oficiñas de Asesoramento Empresarial 2.0 e dun Centro de Comercio Electrónico e Virtual nas vilas de Pontevedra, Cambados, Lalín, Ponteareas, Vigo e Porriño cunha inversión de 1,5 millóns € procedentes de dous proxectos europeos que desenvolve, DepoTic e DepoDeza.

Cada oficiña terá medios (despacho, aula actividades, ordeadores, sala espera, aseos, etc) e personal técnico e cualificado que atenderá e asesorará nun horario de 50 horas de luns a sábado. Cada oficiña estará en contacto e colaboración con Cámaras de Comercio, asociacións de empresarios, concellos, etc.. E ubicaránse en Pontevedra (na Deputación), Cambados (edificio de ExpoSalnés), no Concello de Lalín, no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, na sede da Deputación en Vigo e no Centro Multiusos de Torneiros en Porriño.

Na Oficiña de Asesoramento Empresarial 2.0 participarán entre 50 e 750 empresas. E ofrecerá asesoría personalizada de Tecnoloxías da Información e do Coñecemento na empresa para aminorar costes, aforrar en comunicacións; mellorar presenza en Internet e Redes Socais; definir os equipos informáticos máis axeitados; captar  subvencións ou mercados; traballar mediante banca on line; emitir factura electrónica; e outros aspectos de interés particular e concreto para cada firma empresarial.

Na mesma oficiña, crearáse unha Plataforma de Comercio Electrónico e un Centro de Comercio Virtual. Nela tomarán parte entre  150 e 250 empresas que ofrecerán entre 500 e 2.500 produtos. O obxectivo desta Plataforma é crear unha Nova Canle de Venta On Line de servizos e produtos como embutidos, cerámica, queixo, conserva, viño, textil, etc. cun apartado específico para Deza.

AJE busca al mejor joven empresario y emprendedor gallego del año

La asociación convoca la octava edición de sus premios con el objetivo de valorar el esfuerzo empresarial de los más jóvenes

Vigo, 16 de septiembre de 2013.- La Asociación de Jóvenes Empresarios, AJE-Galicia, busca, por octavo año consecutivo, al  mejor joven empresario y emprendedor gallego del año. Con este galardón, la asociación premia el esfuerzo empresarial de los más jóvenes por su contribución a la mejora del desarrollo económico de Galicia, muy especialmente, en un momento como el actual.

La convocatoria está dividida en dos categorías: el 8º Premio Joven Emprendedor y el 8º Premio Joven Empresario. Además, cuenta con tres accésit que valorarán aquellos proyectos que destaquen por su innovación, su calidad o por destacar en RSE (Responsabilidad Social Empresarial).

Además de un reconocimiento público a la labor emprendedora y empresarial de los jóvenes como fórmula para mejorar la sociedad gallega, estos premios son también un interesante foro de debate que mide el grado de emprendimiento desarrollado en Galicia, además de propiciar el intercambio de ideas empresariales entre los jóvenes e incentivar nuevos proyectos e ideas.